Tattoos da Galiza


Este é um trabalho coletivo: estamos a fazer umha colecçom em rede de fotos de tattoos em galego ou de tema galego. Se queres colaborar, envia-nos a foto da tatuagem a clubedalingua@gmail.com
Umha colecçom de fotos de tatuagens da Galiza, recolhida polo Clube da Lingua - Equipo de Normalizaçom do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes.

"Tattoos da Galiza: Palavras à flor da pel" forma parte do nosso projeto "Palabras de Pedra"

"Tattoos da Galiza" escreve-se tamém com NH e LH, em galego internacional, como mostra de que o movimento de defensa da língua tem força na diversidade e todas as persoas e letras que defendem o nosso idioma som úteis e necessárias.

Viva a energia coletiva!




clubedalingua@gmail.com

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nossa literatura nos tattoos da Galiza
Lupe Gómez, Celso Emilio, Cunqueiro, Lois Pereiro, Maria Rosendo, Manuel Antonio, Ledicia Costas, Castelao, Novoneyra, Afonso X o Sábio...

Quem podia esperar que a nossa literatura tamém estivesse escrita sobre os nossos corpos, em tatuagens que passarom do papel à pel?

Pois si! E conformam a primeira "Antologia da Literatura Galega sobre a Pel"

Graças à gente que enviou fotos dos seus tattoos, compartindo a sua intimidade, hoje podemos ler alguns dos melhores versos e frases da nossa literatura.

Este é um novo motivo para apoiar e conseguirmos entre muita gente poder converter este blogue num livro de papel, através da campanha de micromecenado: "Tattoos da Galiza"

Vamos alá!

Ro Seque, Rosana Sequeiros participa com duas tatuagens! Tremendo o poema de Rosalia sobre a sua pel. Linda e rebelde, a sereia, a sorrir. E o primeiro "Denantes mortos que escrevos", de Castelao.








Charo López e Eduardo Pondal: "Segue o caminho das boas e generosas", feminista e pondaliano, curiosamente ;)






Xisela Fuciños enviou-nos estas duas fotos maravilhosas com o verso de Pessoa!
Autor da foto: Pietro di Blas







Nébeda Nébida Nebi entrega-nos isto: "Envíovos a miña primeira tatuaxe. Na súa orixe foi unha humilde homenaxe a aqueles versos de Manuel Antonio que aparecían en De catro a catro:
Eu son.
O meu nome acenderá
unha estrela nova
en cada constelación.

Gustoume tamén a rotundidade da frase, o seu minimalismo e o pouso identitario.
Hoxe gústame completala con palabras que me definen e me lembran o que EU SON.

*Fotografía: Karlos Abal."









Lucía Teijeiro Lorenzo envia duas tatuagens mui especiais e conta-nos:
"Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón..." é un verso de Álvaro Cunqueiro, dun dos poemas de amor dun dos nosos libros favoritos: "Poemas do si e non", de 1933

ELA -POEMA 5

No meio do seu peito os veleiros armaran unha rede tímida
que tiña unha voz chea de lámparas i eclipses
e un párpado tecido polos ventos.

Ela seguía sendo universal e nidia.

Unha gorxa chea de distancias
era a frauta que encantaba os ecos esquecidos no funda das
correntes mariñas,
permutadas de cauces onde as illas mouras dos seus ollos.

Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón.

...

De feito, Lucía tirou unha das súas fotos en Mondoñedo, a terra autor de "Merlín e familia", e por detrás dela vese ao escritor que deixou escrito na súa lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis"
















Hector Hermilla comparte com nós a foto da sua tatuagem com os últimos versos do poema "Longa noite de pedra", de Celso Emilio Ferreiro: ?Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan feitos están tamén de pedra e eu, morrendo nesta longa noite de pedra







E Paula Chaves Pérez enviou-nos este tattoo com versos de Lupe Gómez:




Paula Chaves, que grande é!, enviou-nos tamém este verso do grande poeta da Terra Cha: Lois Pereiro!
Umha honra para a coleçom!



Sonia, de Vilagarcia, A Ferreira de Soilán, envia-nos este tattoo musical, que nos deixa umha copla popular na boca:
"Teño pena e aleghría,
teño dous males a un tempo,
cando a pena me mata
a aleghrìa dáme alento."

E conta-nos: "Levo dende os 18 anos cantando e tocando a pandeireta, agora teño 36...así que máis da metade da miña vida está ligada a este instrumento e á cultura galega. Sempre souben que me tatuaría algo que manifestase este vínculo, pero non tiña moi claro o deseño nin o sitio. Despois de moito pensar e de 14 tatuaxes xa no meu corpo, vino claro e aquí está o resultado. A copla é unha das que cantamos no meu grupo e síntome identificada con ela, ademais de parecerme preciosa. Espero que vos guste!



Bego Costas enviou estas fotos desta tatuagem com um verso de Ledicia Costas e conta-nos: "A tatuaxe representa os versos dun poema da obra Xardín de inverno, de Ledicia Costas: "Pero en lugar da voz, saíulle unha perla con forma de estrela mariña".







"Hai catro cabalos na miña habitación danzando" verso de Lupe Gómez e foto de Manu Lago.



Xiana Quintas, Xaia Queen, entrega-nos este verso e conta: "Eu son a autora da foto, non a dona da tatuaxe. Esta foto é unha captura analóxica en tratamento dixital dunha proxección doutra foto minha sobre un corpo nú e tatuado! Espero que gosten."Vivo ata morrer"



E Raquel Rei suma mais poesia à nossa antologia de literatura galega contemporánea, neste caso um verso de Maria Rosendo: "Assomada todo o tempo ao verbo incomodar".




Sabela Santin envia-nos estas fotos e este texto: "Fixen este poema de Uxío Novoneyra, un dos meus poetas favoritos. É o meu preferido por moitos motivos.
O máis importante é por que el é do Courel, igual que meu pai. E por que eu, cando vou, síntome ben e feliz de estar no paraíso!
O debuxo é unha folla de castiñeiro, xa se sabe que as castañas do Courel son inconfundibles, dentro da folla hai dúas iniciais que son de catro persoas moi importantes na miña vida, o J, de Josefa e Julia, e o A, de Antonio e Amador. Eles son meus avós, e meus padriños do Courel!
Aínda non se aprecia ben por que está recén feito..."



Xosé Antón Liste envia este tattoo com um fragmento dumha das Cantigas de Santa Maria:



Román Gonzales, de Yakuzza Tattoo & Piercing, desde Vigo: "Denantes mortos que escravos!"






Carol Laya, tamén desde a emigraçom, escreve: "Velaqui a minha pequena contribución. A frase? Simplemente algo que nunca deberiamos esquecer e para non esquecelo nada mellor que levalo na pel de por vida"






Eva Arias envia-nos outra tatuagem: "Denantes mortos que escravos", Castelao, sempre!






Sara da Silva:



Cristina Prieto Ledo: "Denantes morta que escrava"





Iván Gallego, desde o Morrazo, enviou-nos as palavras e a sereia da sua perna: "Denantes mortos que escravos"





E mais um de Cristovo:




Sergio Simons enviou-nos estas duas fotos e explica-nos: "Déixovos a miña tatuaxe, que tanto me custou decidir, coa miña frase favorita do meu escritor preferido "Denantes mortos que escravos" E tamén ese momento de dor e alegría de facerme a miña primeira tatuaxe. Por suposto, dicir que me encanta a idea que tivestes facendo este concurso, un absoluto acerto, ao xuntar a nosa lingua e identidade coas últimas tendencias, deixando claro que o galego non é pasado, se non que só mira cara ao futuro"
trisquel/denantes + foto máquina




Lucia Fernández, de Lugo e um "Denantes mortos que escravos":



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2015 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0