Tattoos da Galiza


Este é um trabalho coletivo: estamos a fazer umha colecçom em rede de fotos de tattoos em galego ou de tema galego. Se queres colaborar, envia-nos a foto da tatuagem a clubedalingua@gmail.com
Umha colecçom de fotos de tatuagens da Galiza, recolhida polo Clube da Lingua - Equipo de Normalizaçom do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes.

"Tattoos da Galiza: Palavras à flor da pel" forma parte do nosso projeto "Palabras de Pedra"

"Tattoos da Galiza" escreve-se tamém com NH e LH, em galego internacional, como mostra de que o movimento de defensa da língua tem força na diversidade e todas as persoas e letras que defendem o nosso idioma som úteis e necessárias.

Viva a energia coletiva!




clubedalingua@gmail.com

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pancho Lapeña fala sobre o projeto "Galiza à flor da pel"


O vídeo recolhe a intervençom de Pancho Lapeña, desenhador gráfico, no Museu do Povo Galego, o dia da presentaçom por parte do Clube da Língua da primeira fase do projeto, que consistiu num "Concurso de Fotos de Tattoos" no que participarom mais de 160 fotografias.

O vídeo aparece só com o audio por petiçom expresa de Pancho Lapeña, que prefere nom fazer pública a sua imagem.

Pacho Lapeña é desenhador gráfico, investigador, criador e currante do seitor que cria imagens para a nossa vida cotiá desde umha perspetiva galega. Segundo praza.gal, Pancho Lapeña: ?estudou Filosofía en Compostela e completou a súa formación cursando dúas carreiras técnicas de artes aplicadas: cantaría e volume. Foi tamén bolseiro do Laboratorio de Formas de Galicia do Grupo Sargadelos e posteriormente cursou gravado e serigrafía na Escola de Impresión de Edimburgo. Trasladouse a Italia para traballar no eido na industria téxtil e desenvolver o seu interese pola influencia sociolingüística nos dialectos rexionais. A Asociación Galega de Deseñadores defíneo como "un comprometido antropólogo iconográfico, que investiga aspectos da paisaxe, cultura, gastronomía do país, plasmando o que recolle en ensaios e representacións gráficas que chama deseños atlánticos".
Na súa traxectoria destaca tamén o traballo realizado con Berto Yáñez en Aduaneiros sem Fronteiras, ou a creación de importantes iconos que serviron de homenaxe a Isaac Díaz Pardo, ou para as reivindicacións en defensa do monte galego ou do Courel. Tamén realiza, en paralelo, un importante traballo de investigación etnográfica, entre outros aspectos centrada nas máscaras tradicionais, coma as propias do Entroido. Ese labor "non se liga ao meu traballo como deseñador", pero si que o levou a aceptar unha proposta para recuperar a carauta propia do entroido vigués, a dos merdeiros.?
Aquí podedes olhar esta interesante entrevista:
www.praza.gal
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2014 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0