Este é um trabalho coletivo: estamos a fazer umha colecçom em rede de fotos de tattoos em galego ou de tema galego. Se queres colaborar, envia-nos a foto da tatuagem a clubedalingua@gmail.com |
|
Umha colecçom de fotos de tatuagens da Galiza, recolhida polo Clube da Lingua - Equipo de Normalizaçom do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes.
"Tattoos da Galiza: Palavras à flor da pel" forma parte do nosso projeto "Palabras de Pedra"
"Tattoos da Galiza" escreve-se tamém com NH e LH, em galego internacional, como mostra de que o movimento de defensa da língua tem força na diversidade e todas as persoas e letras que defendem o nosso idioma som úteis e necessárias.
Viva a energia coletiva!
clubedalingua@gmail.com |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fotos de tattoos sem palavras: Identidade à flor da pel |
|
Aqui estám as fotos das tatuagens sem palavras, um conjunto de desenhos, imagens e motivos que representam parte da nossa identidade.
Para enviar mais fotos de tattoos e continuar a enriquecer este projeto: clubedalingua@gmail.com.
Muitíssimas graças à gente que participa e difunde este projeto. Esperamos que gostedes! ;)
...
Luzbel Do Val enviou-nos duas fotos dos seus tattoos! E envia este texto:
"Bom dia! vai logo umha estampa dos meus pezinhos, mais galegos que o baralhete! Som Lúzia Álvarez e eu mesma tirei a foto. Mando também um textinho exposto no Museu do Povo Galego sobre os signos lapidários, ali tenhem umhas fotos dos calcos de algumhas marcas de canteiro e de aí a ideia da tatuagem.
"Hai no home unha tendencia innata a individualizar a súa obra e a deixar pegada perdurable do seu paso polo mundo. Desde a arte rupestre ós grafitos urbanos, hoxe en transo de adquirir categoría de arte, unha multitude de superficies e obxectos mobles conservan un signo -sinatura- da man humana.
Entre estas marcas, os signos lapidarios son tal vez os máis estudiados. Durante a Idade Media, o tempo dos constructores de catedrais, estendeuse por Europa o costume dos canteiros gravaren nos paramentos das pedras que labraban certos signos, misteriosos en tanto que hoxe non somos quen de os interpretar. Tamén en Galicia, desde as grandes catedrais ás humildes ermidas, pasando polas pontes e as casas, o observador atento descubrirá certos signos que, se hoxe non significan nada para nós, si simbolizan o traballo de xeracións e xeracións de artífices anónimos que construíron o noso patrimonio histórico".
E como vai de pedra adjunto outro selfie do meu lombo recém esculpido com os petróglifos do Monte Pedroso em Compostela, parabéns pelo concurso!
Luzbel envia tamém esta outra foto do seu tattoo do petroglifo no solstício de inverno.
Terrino Jbp envia esta foto e explica-nos: "Esta tatuaxe fíxena fai pouco.
Son dous dos petroglifos da Laxe das Rodas do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes, da parroquia de Louro, en Muros. O máis grande, o de enriba, dise que é un calendario laboral e o outro, unha mesa de ofrendas para as boas colleitas, segundo Fernando Alonso Romero en 1983.
Para quen vos interese, aquí tendes o texto completo: "Nuevas consideraciones sobre el significado del petroglifo de Laxe das Rodas (Muros, Galicia)"
Foto de Edu Portela e tatuaxe de Sick Boy Gonzalez.

Terrino Jbp enviou tamém esta foto, com dous tattoos e conta-nos: "Hai un trasno cos seus cogumelos feita no 98. O triskel fíxeno no 2003. O centro é un medallón atopado no Castro de Elviña, logo leva unha inscripción en lingua Oghan, denominado alfabeto das árbores, e remata cuha semellanza co torque de Burela, pero rematando o círculo.... Espero que vós guste e noraboa pola iniciativa!"
Ei, olhai esta sereia que chega de terra adentro:
"Somos três professoras do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense) e enviamos também uma sequência de três fotografias sobre a mesma tatuagem. Era bom serem acompanhadas do seguinte texto, por acharmos que sem o qual não fariam todo o sentido que lhes queremos dar:
"Sou uma sereia de terra firme que ancorou um dia num corpo nu.
No mar desta pele solto a corda que puxa para o fundo obscuro e salgado.
No mar desta pele reclamo a minha libertação.
Sou a sereia do Puço do Lago
e lá mergulho para encher de doçura
os nossos sonhos pintados de estrelas.
Sou uma sereia.
E no mar desta pele
reclamo a nossa liberdade".
Modelo: Vanesa Peón Fernández. Texto: Beatriz Fernández. Fotos: Ana Rodríguez Barreiro."
Noelia Darriba enviou-no estas três fotos de três tattoos diferentes... mais que som o mesmo, e conta-nos a sua bonita história:
"Ola, esta é a miña aportación para tan admirada iniciativa. Trátase dun triskel coas iniciais de tres amigas de vida, cada unha lévao nunha parte do corpo: eu no pé, Ana, no ombro dereito e Lorena, na caluga.
Dise que o triskel na cultura celta representa a evolución e o crecemento, representa o equilibrio entre corpo, mente e espírito. Manifiesta o principio e o fin, a eterna evolución e a aprendizaxe perpetua. En definitiva, represéntanos!"



Luzi Martínez envia esta foto e conta-nos: "Ola! envíovos a tatuaxe que me fixen fai un tempo, parece unha simple frecha pero non o é. A Guarda é o único lugar da Galiza onde os mariñeiros aínda empregan símbolos para marcar os seus aparellos de pesca e demáis pertenzas, esta é a marca que emprega o meu pai. Déixovos un link dunha asociación onde están facendo un estudio e recollida das marcas.
Un saúdo"
Primeiro vídeo
Segundo vídeo
Aqui vai o trisquel de Santi de Laro, que nos conta, desde o exílio económico: "Por certo, por se hai quen non o vexa, esa mancha que rodea o traballado trisquel, é a mancha na que vivimos, aínda que sexa só no espírito.
Foi un deseño que me levou tempo decidir, pero cun gran significado. Fíxen esta obra nas costas cando decidín deixar a Terra. Porque alá a onde vaia, fale na lingua que fale... A Terra, a cultura, a honra e a responsabilidade de ser Galego vai sempre comigo."

Trisquel para o concurso de tattoos e tamén um dragóm inspirado no brasóm do Reino Suevo (e Coimbra) de parte de Suso Susinho


Oscar David Rodriquez Cabeza explica: "O meu toxo e as súas chorimas e unha trinqueta. Un agasallo de aniversario moi patriótico."



Roi Earanwe envía a súa balea e explica:"As baleas son mamíferos, ao igual que os seres humanos, isto é, a pesar de viviren nos océanos, evolutivamente están máis perto de nós, os humanos, que dos peixes.
Até fai relativamente pouco, na Galiza, como no resto do globo, estaba permitida a caza baleeira. Esta era importante nalgunhas vilas da costa, xa que as súas factorías eran grandes e alimentaban varias familias.
A prohibición da caza baleeira levouse a cabo a comezos dos 80, co que moitos galegos lembran de certo as factorías funcionando. Eu non cheguei a velo, mais si unha que estaba moi perto de Gures, xa ao pouco tempo de fechar. O edificio estaba en ruínas e a carón del había pequenos restos de baleas a esgalla: ósos e barbas sobre todo.
Foi algo que causou moita impresión en min, xa que eu era moi neno aínda, mais o suficientemente medrado como para lembrarme aínda
As baleas son animais nómades, isto é, non teñen lugar fixo de residencia, van segundo que parte do ano sexa, dun lugar a outro, para buscar ou ben comida ou ben bo tempo para vivir tranquilas e reproducírense nas mellores condicións posibeis. Agora non se deixan ver, xa que hai moita polución e tráfico marítimo, mais de sempre as Rías Baixas foron lugares onde viñan nas súas migracións.
Son animais moi musiqueiros e tranquilos, encántalles cantar!!!!! Van en grupos e as familias son de poucas crías, unha balea femia rara vez ten máis de dúas.
Identifícome moito con elas por estas cousas, por iso despois da minha primeira 'migración' en bicicleta, facendo música coa gaita, por Castela adiante, até a terra da 'abuela' materna, decicín tatuarme unha no costado, que é o lugar onde o corpo ten máis espacio pra poder pintala
Despois de ter falado cun amigo que andaba a comezar, (Arturo, o 'Suízo', que tatúa agora na vila de Compostela) e non ter maneira, xa que dixo que lle quedaba moi grande, falei co Liqen, que daquela andaba a tatuar máis, e no outono do 2007 foi entón cando mo fixo.
A tatuaxe está feita en dúas sesións, unha para a liña, en algo máis de tres horas e outra para o sombreado, que levou todo un día.
Teño sorte de que sexa moi bo tatuador e pintor; é unha persoa que coida moito os detalles e gosta moito do estilo realista.
Lamentablemente nestes últimos anos estiven andando moito coa bici de novo, e a suor e o Sol fixeron que se esvaise un pouco a sombra, mais estou moi contento de como quedou!!!!!!
Apertas, e agardo que vos guste"




Sabela Galbán Rodríguez envianos a sua tatuagem dum desenhoo de Castelao! Umha passada! Graçasss

Santi Varela conta-nos... "Ola, boas, déixovos o meu tattoo grazas a unha amiga que me dixo do voso concurso. É unha gaita coas iniciais de meus pais e meus irmáns. Espero que vos guste e noraboa pola iniciativa saúdos"
Gaiteiro!

Silvia Mella achega-nos um tattoo digno dum Museu de Arte Contemporánea porque está inspirado na obra do pintor Leandro Lamas. Isto é o que nos conta Silvia: "Para min simboliza moitísimas cousas, non sei se sabería explicalas todas, porén todas teñen que ver cunha muller espida e brava, independente, sen medos e sobre todo libre!"
Xurxo Quintana Bao envia umha foto onde podemos olhar um guerreiro galaico tatuado com petróglifos, e conta-nos: "Aqui deixo a miña aportación para esta gran iniciativa, é parte da impresionante tatuaxe que ten o meu amigo Daniel, Grazas!!!
Foto: Xurxo Quintana
Esta foto envia-a Román Gonzales, de Yakuzza Tattoo & Piercing, desde Vigo. Um polbo, no lombo dun home de mar da ría de Arousa
Eva Rodriguez Portos: "As nosas raíces en min" Fermosura!
Grandíssima Paula Verde, que envia duas fotos e duas histórias: um trisquel celta e um tattoo mui especial para o seu fillo Héctor. Lede a súa historia, que quere compartir con nós e com esta pequena antologia de tattoos com histórias emocionantes . Moitíssimas graças, Paula, pola túa generosidade! Sentimo-nos mui afortunad@s de poder compartir o significado do tattoo de Héctor com muita gente. Abraços!
"O meu nome é Paula Verde e son de Vigo. Adxunto dúas fotos das miñas tatuaxes. A primeira é unha tatuaxe que fixen fai uns 20 anos dun trisquel, símbolo celta ben coñecido.
A segunda tatuaxe é a silueta do meu fillo Héctor, o mediano de 3, (ten agora mesmo 4 anos), que fixen fai uns meses. Héctor é galego, galego e ten autismo... O globo azul é un símbolo que se asocia co autismo, para min foi unha forma fermosa de visibilizalo e facerlle sentir a el, que non fala e é un aprendiz visual, que a súa nai tamén quedou marcada para sempre coa súa condición e particular maneira de estar no mundo...
Agardo que vos gusten"
David Rodriguez Calvar envia-nos o seu merlinho: "Boas, esta tatuaxe que vos mando é a tatuaxe dun merlo que eu me fixen polo recordo do meu avó xa que así era como o chaman, como chaman a meu pai e como me chaman a min, e o merlo é unha imaxe bastante boa de Galiza, por iso penso que esta foto estará ben nese álbum de fotos, un saúdo"
Marijó Moas envía...."Un toxo!!! xa o teño dende fai máis de 10 anos, a foto detalle está feita ao pouco de facelo en Hipnosis Tattoo en Santiago."
Pablo Fernández Mirás pasou-nos estas fotos dos seus tattoos, a tarasca e o dragóm do Reino Suevo da Galiza e um escudo do antigo Reino da Galiza, e conta-nos: "Boas, estas son as miñas tatuaxes, que forman parte de min e que simbolizan un fogar (unha terra) e un pasado (orixes). Ambas feitas nas pernass, xa que un ten que camiñar sobre o que foi para poder avanzar. Coñecer o pasado axuda a non repetir os mesmos erros no futuro.
Un saúdo e fortes apertas."
Adriansito Estévez Iglesias envía esta verdadeira joia do desenho sobre pel humana. E conta-nos isto: "O horizontal é o natural: animal, pedra e vexetal; o vertical é o artificial e o artístico: música (a figura antropomórfica é o logo dun grupo alemán, a Einstürzende Neubauten), escultura e mitoloxía (o labirinto!), e a literatura e a maxia (a runa de abaixo é o G de Gandalf, o mago da Terra Media)."
Diego Agharra Tequevai conta-nos: "Mándovos aquí a miña tatuaxe. Foi feita en Brasil na Amazonia por un tatuador paraguaio. Estabamos tentando decidir entre os dous o que poderíamos facer nas miñas costas cuando de repente surxiu unha fotografía que teño dos pasos do Rio Borbén que hai na miña aldeia. Pregunteille a Alberto se era posible tatuar aquela escena da terra e díxome que si. Rapidamente comezou a debuxar e decidiu ir engadindo outros elementos.. Ao final decidín pór os meus nomes... Meus pais nomeáronme como Diego, mas o referencial era a casa de Dego, a dos Xuliáns é a da miña nai. Por iso aparecen os dous como raíces da composición!! Hai carballos, unha lúa e así o terminamos!
Moi boa oportunidade de mostrar o que foi feito pensando na Galiza!"
E aquí nos chega unha foto de Iago Álvarez, que tatúa en Serie Z, e que nos envía Tattoo Ourense. Castanha!!!
Adrian Piñon Calvar trae outra tatuagem: pura raça galega!
Ooooohhi! O poeta e narrador Celso Fernández Sanmartín enviou-nos a foto desta tatuagem! Moitíssimas graças, Celso, por todo!
Adrian Piñon Calvar envia umha espada de antenas fantabulosa!
Máis festa, máis ghaiteir@s! Chega-nos outra gaita: "O meu nome é Roberto Carlos, son de Salceda de Caselas, e esta é a miña aportación para o concurso. Espero que vos guste."
Tania passa-nos a foto deste tattoo de Ana do Carvalhinho: o lagarto pintado!
E aqui vai outra tatuagem que nos passa Manuel Troitiño doutro lagarto pintado que lhe da ao rabo!
Aqui está! Aqui temos dous tattoos de Liqen, um dos nossos artistas urbanos mais internacionais: Um símbolo celta e um lobo!
Lemos no blogue www.niquelarte.org umhas palavras de Adela sobre este artista da arte urbana contemporánea que tamém se tem expressado através dos tattoos: "Liqen é un dos nosos graffiteros máis sorprendentes. Abráianos coa súa técnica, cos seus deseños, coas súas viaxes humanoides, cronomórficas e mithofantásticas, coas súas cores...con todo o que crea."
Manuel Gonzalez Prieto envia esta foto do seu trisquel:
O companheiro Ho-secho GZ, pai dum aluno do nosso centro, envia esta foto do tattoo da sua amiga Sofia de Mera. Gracinhas por participar!
Caty enviou-nos o seu trasno! Viva a mitologia galega! Vivam os seres mágicos que tamém vivem no nosso corpo!
Ivan Lg envia um tattoo desenhado no pé. Gracinhas!
Desta volta as fotos som de Cristovo. Dous tattoos bem representativos! Abracinho, Cristovo!!!!


Desde Balinese Tattoo, da Coruña, enviam esta Torre de Hércules sobre fondo azul. O autor da foto é Alfonso Sánchez.

Um trisquel de Jose Carlos Mosquera Rico, do Ciclo de Soldadura do nosso instituto!

E outro tattoo do nosso instituto, de Jimmy Jazz!

A fotografia neste caso é de Emma Fernández Santalices e a persoa tatuada, Rebeca Fernández Santalices.

Sandra Martínez entrega-nos estas duas fotos do toxo que lhe gavea polo braço e o ombro e conta-nos isto tam interessante:
"En primeiro lugar, parabéns pola proposta!! Eu son educadora social, canta ilusión me fixo cando me enterei deste concurso, unha idea boísima para dinamizar a lingua entre as mozas e mozos dun instituto, dándolle esa visión de modernidade que tanto precisa.
Días antes do Día da Patria de 2013 decidínme a tatuar no corpo un toxo coa súa chorima. Era algo pendente dende facía anos, pois ten moito simbolismo a nivel persoal e como galega, é dicir, no que son en todos os sentidos.
O toxo arnau, un dos tipos máis frecuentes na Galiza, defínese como un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mede entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm.
A flor do toxo, a chorima (ou alecrín), considérase a flor nacional da Galiza, (tamén a flor nacional bretoa).
Na imaxe apréciase a tatuaxe (aínda teño que repasala!) nun lugar de Compostela. A parede ten pedra e ten musgo. É inerte, e ten vida, ao mesmo tempo. O toxo ten espiñas, máis ten tamén flor. Na imaxe está presente a dualidade, que me representa e que nos representa como país. O nacemento é unha espiral simple, símbolo de moitas culturas dende os tempos máis antigos, tamén da cultura celta. Símbolo do ciclo da vida: nacemento, morte e renacemento... do sol, da vida, do crecemento, da forza...un toxo non sae de calquera lugar, precisa dunha terra con forza, como o é a nosa.
Moitas grazas, son necesarias máis iniciativas coma esta!
Autoras da foto: Sabela Pernas Soto e Sandra Martínez Fernández
Tatuaxe: Sandra Martínez Fernández"



Icía Rodríguez Nóvoa, que fixo esta tatuagem dum toxo contra a vontade de sua nai, suma esta foto á nossa tattooteca! Gracinhas!

José Casás, de Cerceda, envia para a tattooteca da Galiza o seu Castelao! E escreve isto sobre o tattoo:
"Máis alá do que representa Castelao a moitos niveis: político, xornalístico, cultural... penso que a xenialidade do de Rianxo é indiscutible. Un home que foi quen de crear un autorretrato con tan só tres elementos: un chapeu, unhas lentes e un cigarro logrando ademais que se convertese en icona"

Paula Chaves Perez envia-nos a foto do seu tattoo da caveira de Castelao, d´Un ollo de vidro.
Sara Sarone fixo-nos chegar umha adaptaçom dum graffitti do artista internacionalmente conhecido como Banksy, cunha nena a vestir a roupa tradicional do país, e mais un desenho de Castelao. Parabéns, Sara!


David Coello Misa enviou-nos estas duas fotos que arrecendem:
Martín Vidal e o seu tattoo: "Aquí vos deixo unha foto dunha das miñas tatuaxes, vaia a donde vaia, nunca me olvidarei da miña terra" Gracinhas!
...
Fora de concurso (por chegar fora do praço)
Sandra Barreiro, Sandra Mouchinha, fai-nos chegar este tattoo e explica-nos: "Olá! Chámome Sandra e dende Ourense fágovos chegar a miña espiral, símbolo celta ben coñecido que como sabedes representa ó sol e todo o que el simboliza. Son unha persoa rebosante de enerxía, e poucas cousas hai no universo comparables á enerxía do sol! Falando de universo, a cousa máis fermosa que os meus ollos viron, e que ollei a través do telescopio, foi unha galaxia, e tamén tiña forma de espiral. Foi nese momento cando decidín facer esta tatuaxe. Xa fai uns anos diso e esta foto é daquela época. Agardo que sexa do voso agrado!"

E a tatuagem que nos envia Fran Bragado!

Aqui, os símbolos celtas de Sabela!

E Diego García enviou-nos este tattoo de Aaron, que chega desde Matamá, Vigo!

E Sabela Galván reenvia umha foto da sua tatuagem:
Josinho Rosende envia esta foto e escreve-nos: "Este é un petroglifo que destruiu un bulldozer en Ourense, e quíxeno homenaxear no meu corpo"
Iván Louro envia este trisquel:

Jano Negro envia-nos esta sua tatuagem:

|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|