Este é um trabalho coletivo: estamos a fazer umha colecçom em rede de fotos de tattoos em galego ou de tema galego. Se queres colaborar, envia-nos a foto da tatuagem a clubedalingua@gmail.com |
|
Umha colecçom de fotos de tatuagens da Galiza, recolhida polo Clube da Lingua - Equipo de Normalizaçom do IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes.
"Tattoos da Galiza: Palavras à flor da pel" forma parte do nosso projeto "Palabras de Pedra"
"Tattoos da Galiza" escreve-se tamém com NH e LH, em galego internacional, como mostra de que o movimento de defensa da língua tem força na diversidade e todas as persoas e letras que defendem o nosso idioma som úteis e necessárias.
Viva a energia coletiva!
clubedalingua@gmail.com |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fotos de tattoos com palavras: a língua à flor da pel! |
|
Aqui podemos olhar os tattoos da primeira categoria: Tattoos com palavras.
Se queredes comentar-nos algo ou enviar mais tattoos, já sabedes: clubedalingua@gmail.com.
Um abraço e graças por difundir, participar e formar parte deste projeto
...
Esta é a foto de Mónica de Nut que serviu para chamar a nossa atençom sobre os tattoos e a sua relaçom com a língua e a cultura do nosso país e decidir começar esta aventura. A foto foi tirada numha mani contra a Lei de Educaçom LOMCE, represora do nosso idioma. "A liberdade non é negociábel". Graças, Mónica!

Xisela Fuciños enviou-nos estas duas fotos maravilhosas!
Autor da foto: Pietro di Blas


Envia a foto Candela López e explica-nos: "Nesta foto aparecemos Comba e Candela, somos dúas irmás que decidimos facer unha homenaxe permanente a esa persoa que foi tan importante nas nosas vidas: a nosa avoa."

Charo López: "Segue o caminho das boas e generosas", feminista e pondaliano ;)
Lara Sem Mais, Lara Soto, envia este tattoo e explica: "Achei importante levar comigo sempre a messagem de que "Mulher bonita é a que luita". Todas essas mulheres que luitam a diário polos nossos direitos como mulheres, como galegas e como trabalhadoras..."

Sonia, de Vilagarcia, A Ferreira de Soilán, envia-nos este tattoo musical, que nos deixa umha copla na boca:
"Teño pena e aleghría,
teño dous males a un tempo,
cando a pena me mata
a aleghrìa dáme alento."
E conta-nos: "Levo dende os 18 anos cantando e tocando a pandeireta, agora teño 36...así que máis da metade da miña vida está ligada a este instrumento e á cultura galega. Sempre souben que me tatuaría algo que manifestase este vínculo, pero non tiña moi claro o deseño nin o sitio. Despois de moito pensar e de 14 tatuaxes xa no meu corpo, vino claro e aquí está o resultado. A copla é unha das que cantamos no meu grupo e síntome identificada con ela, ademais de parecerme preciosa. Espero que vos guste!

Bego Costas enviou estas fotos desta tatuagem com um verso de Ledicia Costas e conta-nos: "A tatuaxe representa os versos dun poema da obra Xardín de inverno, de Ledicia Costas: "Pero en lugar da voz, saíulle unha perla con forma de estrela mariña".
Autora da Foto: Begoña Costas Álvarez.




Lucía Fernandez, de Lugo, envia-nos estes dous tesouros: umhas letras pequeninhas num seu dedinho da mao esquerda: "minha terra galega", cousa bonita, e mais o emblema da resistência de Castelao: "Denantes mortos que escravos"


Nébeda Nébida Nebi entrega-nos isto: "Envíovos a miña primeira tatuaxe. Na súa orixe foi unha humilde homenaxe a aqueles versos de Manuel Antonio que aparecían en De catro a catro:
Eu son.
O meu nome acenderá
unha estrela nova
en cada constelación.
Gustoume tamén a rotundidade da frase, o seu minimalismo e o pouso identitario.
Hoxe gústame completala con palabras que me definen e me lembran o que EU SON.
*Fotografía: Karlos Abal."
María Balteira: "Meigas Fóra" e o autorretrato de Castelao!

E María Alonso Araújo, tamém desde a emigraçom: "Esta tatuaxe fíxena no verán do meu segundo ano de universidade. Eu estudiei en Pamplona e foi ao marchar cando por fin me dei de conta do que falaba Rosalía, desta forte e inevitable morriña. Tres anos máis tarde estou en Londres vivindo e non hai cousa que non bote de menos da miña terra. Os que me coñecen sábeno ben: son galega de pés a cabeza. E orgulhosa!"

Xiana Quintas, Xaia Queen, entrega-nos esta foto e conta: "Eu son a autora da foto, non a dona
da tatuaxe. Esta foto é unha captura analóxica en tratamento dixital dunha proxección doutra foto minha sobre un corpo nú e tatuado! Espero que gosten."
"Hai catro cabalos na miña habitación danzando" verso de Lupe Gómez e foto de Manu Lago

Duas fotos de Loreto AF, que nos di: "Fíxena en Inglaterra despois dun ano "exiliada" aquí, sentíndome máis morriñenta que nunca..."
Eva Arias, proverbial: "Nunca choveu que non escampara"
Miriam Otero Hernandez fai-nos chegar este tattoo, minimalista e positivo!
Lucía Teijeiro Lorenzo envia duas tatuagens mui especiais e conta-nos:
"Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón..." é un verso de Álvaro Cunqueiro, dun dos poemas de amor dun dos nosos libros favoritos: "Poemas do si e non", de 1933
ELA -POEMA 5
No meio do seu peito os veleiros armaran unha rede tímida
que tiña unha voz chea de lámparas i eclipses
e un párpado tecido polos ventos.
Ela seguía sendo universal e nidia.
Unha gorxa chea de distancias
era a frauta que encantaba os ecos esquecidos no funda das
correntes mariñas,
permutadas de cauces onde as illas mouras dos seus ollos.
Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón.
...
De feito, Lucía tirou unha das súas fotos en Mondoñedo, a terra autor de "Merlín e familia", e por detrás dela vese ao escritor que deixou escrito na súa lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis"
Román Gonzales, de Yakuzza Tattoo & Piercing, desde Vigo: "Denantes mortos que escravos!"
Eva Arias envia-nos outra tatuagem: "Denantes mortos que escravos", Castelao, sempre!
Carol Laya, tamén desde a emigraçom, escreve: "Velaqui a minha pequena contribución. A frase? Simplemente algo que nunca deberiamos esquecer e para non esquecelo nada mellor que levalo na pel de por vida"
Old Skull Tattoo envia estas fotos! Tattoos com mensagem! A nossa língua, à flor da pel!
Autor das fotos: Miguel Herrero

Miguel López envia este tattoo e conta-nos: "É unha frase miña e nela pódese ler "Ás veces a vida pode ser tan sinxela coma unha caña e un bo amigo".
Está feita con letra tipo "máquina de escribir" e como saberán, pola tinta ou por cargar máis na tecla había letras que quedaban moito máis marcadas que outras. Pois ben, todas as letras que se ven con máis tinta son iniciais ou letras pertencentes a nomes de amigos meus"
Hector Hermilla comparte com nós a foto da sua tatuagem com os últimos versos do poema "Longa noite de pedra", de Celso Emilio Ferreiro: ?Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan feitos están tamén de pedra e eu, morrendo nesta longa noite de pedra?
Ro Seque, Rosana Sequeiros, tamém participa com duas tatuagens! Tremendo o poema de Rosalia sobre a sua pel. Linda e rebelde, a sereia, a sorrir.

Alba de Groria envíanos esta tatuaxe: Liberdade!


Cristovo: dous tattoos bem representativos! Fraseologia pop do século XXI: "A cabeza non para" e mais todo um clásico, em feminino: "Denantes mortos que escravas"


Desde Balinese Tattoo, da Coruña, uns tattoos fora de série, como podedes olhar.
O autor das fotos é Alfonso Sánchez.


Rocío Barbosa: Miña terra galega!

Alexandre Tenorio Gallego envia-nos estas fotos dos seus tattoos com palavras.


Sara Da Silva Pérez envia-nos esta maravilha! "Denantes mortos que escravos"

"Habelas hainas!" Este tattoo chega-nos de Bonshyo Tattoo Estudio, através de Tattoo Ourense. O seu autor: Ados.

Iván Gallego, desde o Morrazo, enviou-nos as palavras e a sereia da sua perna: "Denantes mortos que escravos"
A fotografia neste caso é de Emma Fernández Santalices e a persoa tatuada, Rebeca Fernández Santalices

"Sempre adiante", de Paula Chaves Pérez

Ivan Gallego: "O que non mata fortalece!" E a sereia com a fouce e a estrela!

Sergio Simons enviou-nos estas duas fotos e explica-nos: "Déixovos a miña tatuaxe, que tanto me custou decidir, coa miña frase favorita do meu escritor preferido "Denantes mortos que escravos" E tamén ese momento de dor e alegría de facerme a miña primeira tatuaxe. Por suposto, dicir que me encanta a idea que tivestes facendo este concurso, un absoluto acerto, ao xuntar a nosa lingua e identidade coas últimas tendencias, deixando claro que o galego non é pasado, se non que só mira cara ao futuro" trisquel/denantes + foto máquina


Davide Galego envia-nos as fotos de quatro tatuagens impressionantes




Desde Italia, Giulia Gucciardi conta-nos: " Ola, son Giulia, unha rapaza italiana que o ano pasado estivo a vivir en Vigo durante 13 meses. Fixen un curso de galego e encantaríame aprendelo!! Nada, lin no Faro de Vigo que estades facendo o concurso de tatuaxes e quería participar. Envíovos a foto do meu. ; ) Moitas grazas. Agora tiven que voltar a Italia para acabar a carreira... Cando me gradúe múdome á Galiza"

Silverio Outeiro, que formou parte dum dos melhores grupos da nossa história, Xenreira, e mais tarde de Labregos do Tempo dos Sputniks, envia este tremendo tattoo!

A tatuagem de Alexandre Fondevila: "Forte coma unha rosa e bonita coma un carballo"

Sara Galbán Patiño, desde o estrangeiro, comparte com nós o seu tattoo e di: "Moitas grazas por lerme. Aquí mando a foto da minha tatuaxe en galego. Tatueime iso porque "enxoitas" era unha palabra que o meu bisabó dicía. Ten moito significado para min."

...
Fóra de concurso por chegar fora de praço:
Cristina Prieto Ledo: "Denantes morta que escrava"




Paula Chaves Pérez enviou-nos este verso do grande poeta da Terra Cha: Lois Pereiro!
Umha honra para a coleçom!

Raquel Durán Millán: "cousas nosas"....com os pés no rio! Gracinhas polas fotos!


E Paula Chaves Pérez enviou-nos este tattoo com versos de Lupe Gómez:

Este tattoo, livre, de Nuria Limeres!

Dous tattoos que nos envia Lorena Núñez Santos!
Lucia Alonso Robleda envia-nos estas fotos com um poema: "Poderán cortar as flores pero endexamáis poderán deter a primavera"


E Raquel Rei suma mais poesia à nossa antologia de literatura galega contemporánea, neste caso um verso de Maria Rosendo: "Assomada todo o tempo ao verbo incomodar".

Sabela Santin envia-nos estas fotos e este texto:
"Fixen este poema de Uxío Novoneyra, un dos meus poetas favoritos. É o meu preferido por moitos motivos.
O máis importante é por que el é do Courel, igual que meu pai. E por que eu, cando vou, síntome ben e feliz de estar no paraíso!
O debuxo é unha folla de castiñeiro, xa se sabe que as castañas do Courel son inconfundibles, dentro da folla hai dúas iniciais que son de catro persoas moi importantes na miña vida, o J, de Josefa e Julia, e o A, de Antonio e Amador. Eles son meus avós, e meus padriños do Courel!
Ainda non se aprecia ben por que está recén feito...
A tatuaxe das estrelas, tamén é moi importante, por que son as iniciais de Secundino e Mercedes, meus avós de Melide!


Xosé Antón Liste envia este fragmento dumha das Cantigas de Santa María: "Strela do dia, mostra-nos guia para Deus e nos guia"

|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
A foto foi tirada numha mani contra a Lei de Educaçom LOMCE, represo#blgtk08#ra do nosso idioma. "A liberdade non é negociábel". Graças, Mónica! |
|
|
Comentario por www.vivienneswestwoodoutlet.co.uk (11-03-2020 04:18) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|