SOUTIPEDRE´08


VIVAMOS COMO GALEGOS EN NEW YORK
Comentarios (0) - Categoría: Noticias - Publicado o 11-11-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Soutipedre, 4ª Xuntanza´08
Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 22-10-2008 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MANIFESTO A PROL DO GALEGO
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego
Comentarios (0) - Categoría: Cultura - Publicado o 20-10-2008 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
COELLO CON CASTAÑAS
Xa que a caída das castañas é inminente vamos aproveitar este producto cargado de enerxía e proteínas que enche os nosos soutos tódolos anos por estas datas para levalo á cociña, pois ben, hoxe aprenderemos a cociñar un prato moi sinxelo e exquisito. Por certo, non nos esquezamos desas castañas cocidas e sen pel tan deliciosas que nos descubriron as nosas avoas chamadas burgazos.

Ingredientes: (6 persoas)

coellos, 2
castañas crúas, 1/2 kg.
xamón do país, 250 grs.
allo, 2 dentes
cebola, 1
cenorias, 2
azafrán en rama, 1 sobre
condimento, un pouco
maicena, un pouco
coñac, 1 copa
xerez seco, 1 copa
sal
aceite

Preparación:

Nunha cazola ó lume poñémo-lo coello partido co aceite e un dente de allo. Unha vez dourado, engadímo-lo xamón, a cenoria e a cebola ben cortados xunto co azafrán e o outro dente de allo. Botámoslle o coñac, o xerez e un pouco de caldo branco, dándolle unha pouca de espesura ó prebe con algo de maicena. Deixamos cocer uns 40 minutos, probámo-lo sal e engadímoslle as castañas, que tiñamos cocido antes (burgazos).

Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 16-10-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"ANDA O DEMO SOLTO",por Eva Basalo
Quen hai por aí que nunca escoitou unha lenda de medo? Si oh, as míticas que os avós nos contaban de cativos e facían por imposible que pillásemos o sono. Pois ben, por Soutipedre sempre soou algunha que outra, non sei se foron certas ou non pero fannos tremer.
Unha ben coñecida e a do “Xinete”. Contan que na casa da reina de Soutipedre, noite tras noite oían como a egua que tiñan e a cal gardaban na corte debaixo da casa corría dunha esquina a outra alertándoos e impedíndolles o sono, o asombroso era que á mañá aparecía con trenzas feitas no crin ( pelo) as cales non se desfacían. Fartos da situación e con gran acougo, un dos rapaces que vivía na casa asomouse por un oco que comunicaba a casa coa corte, o que viu deixouno perplexo, non esperaba ver aquilo. Non sabía como describilo, pero os que estaban con el percatáronse ó momento que se trataba do xinete, o temido xinete que polas noites facía das súas. Neste caso ía dacabalo da egua, ese xinete era o demo. Non eran quen de crerse o que viran así que conmocionados optaron por recorrer á relixión e puxeron unha imaxe da virxe María na entrada da corte, diredes e para que puxeron tal? pois o curioso e que dende aquel día o temido xinete non volveu asomar por alí.
Lendas hai moitas pero a das “Almas do purgatorio” tamén foi escoitada. Se ve que naquelas noites cando había que percorrer os camiños para ir dun lado a outro asomábanse ao lonxe pequenas luces, con rastro humano, como se fosen persoas portando velas, din os máis maiores que estas luces son as almas do purgatorio.. En Soutipedre no lugar de “O pereiro” déronse moitos testemuños de tales eventos. E non só no Pereiro tamén pola ribeira concretamente Val do Rodrigo, dicían que dous homes que nun día de vendima tiveran que quedar a esmagar as uvas tiveron un gran arrepío cando, un deles saíu fora da adega e viu como se distinguían dúas luces ó outro lado do río, no canto avisaba o seu compañeiro esas luces xa cruzaran o río, aproximábanse a eles, o medo corríalles pola veas que se botaron a máis non correr cara a casa..
E non todas son lendas de demos ou pantasmas, seguramente escoitastes algunha lenda tendo de protagonista o lobo. Pois acórdome dunha: “Había unha vez un señor que fora comer a casa duns familiares que vivían no pobo lindeiro, xa de noite o señor decidiu voltar á súa casa, máis ben lle dicían “queda aquí hoxe e xa marchas maña pola mañá” pero el decidiuse e emprendeu camiño. Contan que os lobos cando ven os homes séguenos sen nós percatarnos, pero a vez vamos sentindo como o noso corpo empeza a tremer, e os pelos póñensenos de punta. Pois como dicía este señor, botouse os camiños, e sen el decatarse os lobos seguíanos, pero os estremecementos que sentía fixo que empezase a apresurar o paso ata chegar a entrada do pobo. Unha vez alí xirouse para atrás e viu como unha manada de lobos se distinguían ao lonxe.
Isto por hoxe, lembra “non todo o real e aparente, hai moito escondido so hai que observar ben”. Ata outra.
Comentarios (0) - Categoría: Mitos, contos e lendas - Publicado o 16-10-2008 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vivimos mal porque falamos Galego, por Bieito Lobeira.
Ao que chegamos. Non lles vale con discriminarnos, con atacarnos. Con roubarnos dereitos democráticos. Non lles chega. Agora son eles as vítimas “da imposición”. E os que sinalan o problema co seu nome: Vainos mal porque falamos en galego. Velaí a chave do noso subdesenvolvemento, da emigración, da crise. O idioma galego.

Iso si, recoñezo que son xente sen complexos. Isto é o que fai falta. Valor para defender as cousas. Vainos mal o turismo? Evidentemente o problema é que na Galiza se fala moito galego. Así o proclama, alegremente, a “Mesa do Turismo” de España, que con coherencia se suma ao Manifesto “por la lengua común”. Lingua común que, como non podía ser doutro xeito, é o español. O resto son linguas específicas, vernáculas. Paletas, vaia. Como nós. Hai fracaso escolar? Obviamente polo idioma galego, que vale para falar coas vacas, mais non para as matemáticas. Sinistralidade nas estradas? A razón é clara: sinaléctica en galego. Así o din toda esta recua de “intelectuais” españois. Por certo, xa nos gustaría que as sinalizacións das estradas, comezando polos topónimos, se respectase, ou que o galego fose lingua vehicular do ensino. Mais tanto lles ten. O importante é insultar a nosa cultura, perseguila, anularnos como pobo diferenciado.

Supoño que a xustiza na Galiza funcionará ben, porque o 92 por cento das actuacións xudiciais realízanse en español. Ou que a industria cinematográfica irá vento en popa, porque só se proxecta en galego o 0’02 por cento dos filmes, cando non se censuran directamente, caso recente de Pradolongo en Compostela. E a formación universitaria, unha marabilla: en Vigo, por exemplo, impártense en español o 90 por cento das aulas, e nalgunhas carreiras, o 100 por cento en español. Este é o bilingüismo harmónico, o equilibrio lingüístico que temos no noso país, onde ainda hai xente que perde o posto de traballo por falar en galego.

Defendamos, por tanto, a liberdade lingüística. Como fai o PP. No parlamento de Galiza veñen de presentar unha proposición non de lei que solicita a prohibición expresa aos deputados e deputadas de utilización do nome do país –Galiza–, mesmo de xeito oral. Iso si que é liberdade. Podían tamén pedir que queimasen eses exemplares ilegais do Sempre en Galiza. Tamén fala o PP da imposición lingüística nas escolas infantís, que provoca “la manipulación de las conciencias de los niños que acuden a las galescolas para impregnarlos del ideario político del BNG” (sic). Con bon e científico criterio, o PP é consciente que a educación en galego produce militantes do BNG en nenas e nenos de entre 0 e 3 anos. Maxistral.

Así que xa o sabedes. Todas e todos aqueles que apostedes (eu apúntome!) polo idioma galego, isto é, polo atraso, o subdesenvolvemento económico, os sinistros nas estradas, o fracaso escolar, a volta á Idade Media, a fame, a emigración, e a paletada, teredes en fronte a liberdade, a modernidade, o equilibrio, a ciencia, e a cultura que representa o idioma cervantino que, como é coñecido, non é lingua de bárbaros, tal e como nos ensinaron pacíficamente no franquismo. E até as pobres vacas, sometidas a un indecente proceso de inmersión lingüística, que chega á imposición anti-natura de nomes tamén en galego –Pinta, Marela–, deberan ser libertadas desa situación. Que bonito sería mesmo que se convertesen en touros, con nomes moito máis modernos –Borja, Pelayo–, e que servisen para esa grande “Festa Nacional” tan moderna, civilizada e intelectualmente gratificante que fixo de España referente mundial da democracia.

Viva o Día da Patria Galega!

Comentarios (0) - Categoría: Política - Publicado o 13-10-2008 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PREPARADOS PARA O MAGOSTO (1 de novembro)
UN ANO MAIS AS NOSAS CACHOLAS XA PENSAN NO MAGOSTO DESTE ANO. FALTA MENOS DUN MES PERO AS CASTAÑAS NON DAN CAÍDO E O VIÑO XA FERVE, VAMOS VER COMO FACEMOS JEJE. AUGURASE UN CASTAÑAL MEDIO ALTO DE BOA CALIDADE XA QUE COMO DI O REFRÁN: O CASTIÑEIRO QUERE "EN AGOSTO ARDER E EN SETEMBRO BEBER" E ESTE ANO CUMPRIUSE Á MEDIDA. IDE PREPARANDO ESES CORPASOS PARA ESTAR EN FORMA CANDO CAIAN OS BULLOTES PARA QUE DESPOIS NON DOA O LUMBAGO, PERO SOBOR DE TODO CASE É TAN IMPORTANTE PREPARARSE MORALMENTE COMO FÍSICAMENTE OU ATREVERIAME A DECIR QUE É O MAIS IMPORTANTE. POIS ISO, QUE NON VOS ESQUEZADES DO CASTAÑAL QUE XA SEI QUE NON VOS ESQUECEDES, NEN DO MAGOSTO QUE ESTE ANO VEN CARGADO DE SORPRESAS E AGASALLOS CURIOSOS (NON SEÑORA, NON É O QUE VOSTEDE ESTÁ PENSANDO), SORPRESAS MOI SORPRESIVAS, E NON É QUE VAIAMOS A REGALAR UN COCHE PERO ALGO SEMELLANTE, SE QUEREDES VELO AQUÍ VOS AGARDAMOS. POR CERTO, ESTE ANO QUEDA PROHIBIDO BEBER DE PORRON XA QUE POUCO A POUCO..... E DESPOIS..... E XA SABEDES QUE.....

SAUDE XENTE
Comentarios (5) - Categoría: Festas - Publicado o 05-10-2008 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FESTIGAL 2008
Dende hoxe, podedes consultar a programación do FestiGal08 en www.festigal.com

Unha das novidades é a convocatoria do I Campionato de Trivial. GZ Día da Patria Galega (Inscricións abertas ata o día 9).

Festigal 2008
Santiago.Campus Universitario Sul

Músicas, cultura, tendencias e diversidade.

Dous días de actividades. Máis de 30 carpas para todos os públicos

Programación continua dende o día 24 ás 12:00h.

Entrada de balde.

Zona de Acampada

Postos para xantar e cear os dous días con oferta gastronómica variada.

Café Concerto / debates / libros e editoriais / audiovisual / xogos e animación / exposicións / software libre/ tendas e artesanía / cultura tradicional / radio en directo / feira de asociacións /...
En continuidade cos criterios de programación de anos anteriores combinarase a presenza preferente de músicos galegos con doutras procedencias caracterizados pola innovación das súas creacións.

XOVES 24

O concerto do 24 vai preferentemente dirixido á xente máis nova e contará con 4 actuacións:

· Nao (Galiza)
· Caravan Palace (Franza)
· Lamatumbá (Galiza)
· The International Noise Conspiracy (Suecia)

VENRES 25

O día 25 programarase outro concerto con 4 actuacións para un público máis familiar e diverso.

· Víctor Aneiros Band (Galiza)
· Quempallou. (Galiza)
· Pablo Milanés. (Cuba)
· Berrogüetto. (Galiza)

Así mesmo, os días 24 e 25 pola tarde haberá Café Concerto con actuacións de jazz, humor, música tradicional e semellantes.

Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 07-07-2008 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O REXURDIR DO MOSQUITO ESPANHOL
O ciclista Óscar Pereiro e o deseñador Roberto Verino, entre outros, veñen de prestar a súa imaxe para a campaña “Manifiesto por la Lengua Común”, que impulsa o xornal madrileño 'El Mundo' e que xurdiu logo da iniciativa dunha serie de personaxes próximos a UPyD. O medio que dirixe Pedro J. Ramírez está a levar a cabo unha iniciativa a prol do castelán, por que, segundo opinan no manifesto, se está a vulnerar os dereitos dos falantes de castelán en comunidades como Euskadi, Cataluña e Galiza. Á ofensiva mediática sumáronse nos últimos días outras empresas de comunicación, como é o caso de Tele 5.
O manifesto, para o que se piden adhesións en internet, asegura que, aínda que todas as linguas son oficiais “só unha delas é universalmente oficial no Estado democrático”. No documento, que esixe que os pais poidan escoller o modelo lingüístico no sistema educativo, sublíñase que “son os cidadáns os que teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin moito menos as linguas mesmas”.
Os asinantes piden que os parlamentarios españois creen unha nova normativa legal (reformando a Constitución, se é preciso) para que quede claro que a lingua castelá é “a única cuxa comprensión pode serlle suposta a calquera efecto a todos os cidadáns españois”. Tamén demandan que o galego, o catalán e o euskera non poidan ser idiomas vehiculares no ensino.Por se fose pouco, os promotores da inicitiva pretenden que os representantes políticos, tamén os que teñen lingua propia, empreguen habitualmente o castelán nos actos institucionais que se desenvolvan fóra dos seus territorios: “o mesmo dentro de España ca no estranxeiro”.
Dicía Goebbels que unha mentira repetida mil veces acaba sendo verdade, e no caso dos perigos que axexan o castelán próbase que tiña razón. Sigan así, por rutas imperiais, até que o castelán volva ser ese idioma antipático que se falaba á forza. E acaben coma sempre, queimando libros na praza para escarmento das minorías e recta formación do espírito nacional.
ESTÁN TOLOS ESTES ESPANHOIS !!
Comentarios (4) - Categoría: Política - Publicado o 02-07-2008 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SOUTIPEDRE NO SAN XOÁN COA SARDIÑA MOLLA O PAN
O San Xoán é a festa máis importante do mes que leva o seu nome, xuño. Celébrase a noite do 23 ó 24 e ten unha relación moi estreita co lume, a auga e as plantas. Coincide coa noite solsticial de verán, a máis curta do ano. Moita luz simboliza o ben, que actúa para loitar contra o mal e a bruxería. É a fin dunha estación e o inicio doutra. Empezan a crece-las noites e a acurta-lo día.
Os Celtas chamábana “Alban Heruin” e o seu significado primordial era o de festexa-lo intre no que o sol se achaba no seu máximo esplendor, cando duraba máis tempo no ceo e amosaba o seu máximo poder ós seres humanos (era o día que alcanzaba a súa maior plenitude e, ó mesmo tempo, o día en que comezaba a minguar ata a súa case morte no solsticio de inverno).
Nesta noite, as bruxas desprenden unha grande actividade e prodúcense, dende o anoitecer ata o canto do galo, febrís loitas entre luces e sombras, entre o ben e o mal. Actúan con maior intensidade (as reunións das bruxas e os aquelarres fanse esa noite en santuarios como o do Corpiño). Entérrase o pasado e estréase un novo tempo. A xente inicia unha nova vida chea de ilusións, maxias e crenzas. Ten simbolismo patriarcal, purificador, rexenerador e disipador de enfermidades e outros males das persoas e animais.
É un festexo cheo de maxia que envolve o ritual da fogueira e ós participantes famentos de protección e bos augurios e tamén ós servos das forzas do diaño.
A auga utilízase na noite e amañecida de San Xoán para rituais purificadores relacionados co lavado do corpo, total ou parcial.
E cómo non, Soutipedre ten que seguir coa tradición dos nosos ancestros e celebrar esta data tan significativa, por iso, o próximo día 21 de San Xoán coincidindo co día no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor celebraremos este ritual para quedarmos purificados para todo o ano.Todo entre sardiñas do bibei ben asadas e viño da quinta sen descartar a queimada. Quen se apunta? jeje




Comentarios (1) - Categoría: Festas - Publicado o 12-06-2008 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Soutipedre Terra Matria (por Rubén)
Benvidas/os a un novo xeito de entender as relacións interveciñais

O meu perfil
soutipower@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 MIRA ISTO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal