Como sabedes o Fulión está á volta da esquina así que xa vos vexo preparando o instrumental para despedir ó inverno e darlle a benvida á primavera.
No fulión confluen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódolas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas ainda que esto último deberíamos de facelo máis acotío. Por suposto, é a festa máis irreverente do calendario galego, por iso se prohibe durante a época franquista baixo a influencia da igrexa porsuposto, non fóra ser que se lle metera o demo no corpo á xente, ainda que os cregos eran(e o son) especialistas en sacarlle o demo do corpo a algunha que outra beata...jeje, como dí unha veciña miña, “o demo traballa sempre”, joder así tamén traballaba eu...jeje.
Podo contar unha historia certa que aconteceu en Soutipedre aló pola época das prohibicións “por la gracia de dios”, pois ben, un ano de Fulión estando todo o pobo celebrando cos bombos, aixadas, gadañas, cornas e versos feitos para o momento, o crego do pobo ocorréuselle que aquilo atentaba gravemente contra as leis impostas e porsuposto contra a empresa que él defendía. No medio do Fulión e en pleno éxtase colectivo o crego quixo poñer fin a aquela festa pagana do demo e non se lle ocorreu outra cousa senón que romper unha pel dun dos bombos participantes. Os veciños sen pensar nin nun momento do que se lles podía vir enriba colleron ó crego e deixárono quentiño, como se di aquí ”cortáronlle un traxe á medida”. O crego saiu coa lección ben aprendida, por iso, sempre digo que mentres existan no pobo valentes fillos (que falta fan nestes tempos de ataque á nosa lingua e á nosa cultura)coma aqueles veciños de Soutipedre, os nosos costumes e tradicións ancestrais, que son parte de nós, quedarán preservadas polos siglos dos siglos, e como diría o crego, amén.
O idioma nacional galego está a resistir as turradas dos francotiradores fascistas, da galegofobia, e os que o ignoran absolutamente todo, mesmo confunden o idioma cun servil vehículo de comunicación. O autoodio continúa, e nós case inermes, indefensos diante da cuestión mediática, e a indiferencia do subculturalismo castelán que se fai chamar español. Vivimos no puto simulacro baixo a indecencia de máis dun medio de comunicación. Hai unha falta de autoestima que transcende á atrocidade, ao perverso, covarde e cínico. Concordas?
Ben, eu penso, en primeiro lugar, que este conflito é un síntoma do pouco que levamos avanzado na socialización do galego nos últimos anos: estamos a loitar por conservar o que tiñamos, non por avanzar. O noso correlato heróico é Sísifo, non William Wallace. Algo tivemos que facer mal. En segundo lugar, esta crise agocha unha revelación case inesperada: a Nación existe e é moito máis grande que o nacionalismo. A cantidade de xente que participa dalgúns dos ritos e prácticas desta comunidade supera, con moito, a aquela organizada na suma de todos os partidos políticos implicados na súa defensa. Esta é unha lección que Feijóo non debería esquecer máis, a de non confundir Nación e nacionalismo.
A vella toupa fura que fura, e sempre acaba saíndo á luz cando xa a dabamos por perdida. Se a actual situación de cousas nos ensinou algo é que o españolismo non xoga a marcar, senón que bate con todas as súas forzas, entón, nós debemos responder de igual maneira na nosa quenda. Xa non val continuar con minimalismos nin prazos, hai que empregar o discurso de máximos. Sempre.
Eu penso que a cousa lles está saíndo máis cara do que pensaban. Moita da nosa xente é correúda de máis para se conmover por unha leve tronada ao lonxe. Pasará este Feijóo como pasaron tantos coma el. Pero Rosalía permanece.
O Imperio xoga sempre con dúas caras: a de vítima e a de verdugo. As razóns da primeira xustifican a represión e brutalidade da segunda. Todos os pobos espoliados foron sempre monstros terribles no relato do Imperio: os galos, os indios americanos, os negros africanos, os xudeus baixo o nazismo e os palestinos baixo o sionismo. Todos eles foron sempre bárbaros terribles xusto antes de seren
exterminados.
O Estado español, proclamado como monarquía parlamentar polas Cortes franquistas debería reclamar ós monárquicos que Franco fose incorporado á lista de reis españois como Francisco I, o derradeiro monarca absoluto de España despois de Fernando VII.
Como ti ben sabes, o castelán, con suavizantes perversos, foi imposto aquí a sangue e fogo. O batallón babeco dos colonizados, da ignorancia, non entende nada.
O 18 de Outubro de 2009, a plataforma Queremos Galego, na que está integrado o Sindicato de Estudantes, convocaba unha mobilización en contra dos ataques ó galego que o PP está levando a cabo e da súa intención de derrogar o decreto do ga lego no ensino. A resposta foi impresionante, con 100.000 persoas marchando sobre Compostela. A loita contra o PP reiniciábase en Galiza coa segunda maior manifestación dende a chamada transición.
O decreto
O PP presentou o seu proxecto de decreto o 30 de Decembro, en plenas vacacións, para evitar a resposta da comunidade educativa. A pesar da nocturnidade coa que se fixo, non puido evitar que unhas 2000 persoas nos manifestásemos ese mesmo día para rexeitalo.
O Decreto suporá reducir as clases en galego nos centros de estudo ó pasar o seu uso do 50% das materias ó 30%.
Tamén establece que un terzo das materias se impartirán en inglés. En primeiro lugar, isto é irrealizable, xa que o PP non vai incrementar os orzamentos para garantir profesorado con coñecemento en inglés. Ademais, nas actuais circunstancias, aumentaría o fracaso escolar. A única forma de aumentar o coñecemento do inglés é con un aumento drástico do investimento na educación pública, que permita reducir enormemente a ratio de estudantes por aula, garantir profesorado de reforzo, desdobres, material didáctico en inglés, etc. Na medida en que isto non vai ser así (de feito, o PP está a recortar o gasto educativo), a consecuencia será que máis alumnos fracasarán academicamente e que aqueles que poidan permitirse estudos no estranxeiro, pagar academias privadas, etc., teñan unha situación de vantaxe en comparación coa maior parte dos fillos dos traballadores, ós que nos impiden coñecer este idioma.
Na educación infantil, etapa básica na aprendizaxe dunha lingua, existirán centros, especialmente urbanos, nos que se fale 100% en español, dado que o decreto establece que se empregará a lingua maioritaria dos nenos, co que na práctica, os nenos dun entorno castelanfalante rematarán a educación infantil sen ningún tipo de inmersión lingüística en galego. Isto marcará un deficiente coñecemento deste idioma para o resto das etapas educativas. O PP quere "facer canteira": se dende neno aprendes en castelán e non tes fluidez oral nin escrita en galego, quererás escribir e falar en castelán no resto das etapas educativas.
O decreto establece, no resto das etapas educativas, que os pais decidirán o idioma que se empregará en varias materias. Do 30% de materias en inglés, o decreto di que, se non é viable impartilas nesa lingua -como así será-, serán os pais os que decidan se se imparten en galego ou en español. O PP fai demagoxia co suposto "dereito a decidir" dos pais. Por unha parte, se os pais non teñen potestade para opinar respecto ós contidos dunha materia, por que si sobre o idioma? Galiza ten un idioma propio, que é fundamental que todos os galegos dominen coa mesma fluidez que o español. E por outra parte, o PP vai a crear un conflito onde non o hai, enfrontando a uns pais con outros, ós pais coas xuntas directivas, etc. É unha política criminal que, de aplicarse, podería crear en Galiza un conflito lingüístico que é obvio que agora non existe.
A situación histórica do galego
O galego é unha lingua historicamente desprezada pola burguesía (empresarios e banqueiros), que a considera propia de pailáns, e brutalmente reprimida polo franquismo. A dereita non perde oportunidade de menosprezala e incluso acusala de “dialecto”. Aínda sendo a lingua maioritaria, ten sido minorizada polo desenvolvemento do propio sistema capitalista. Para a burguesía, é mais cómodo editar, publicar e producir todo no idioma onde teña máis capacidade de mercado (como é o español) que realizar investimentos para publicar en galego.
Pola súa parte, o franquismo levou a cabo unha política criminal contra a nosa lingua, reprimindo e encarcerando ós que a empregaban. Isto tivo, obviamente, consecuencias. Por exemplo, hoxe en día é normal atopar no medio rural a anciáns galegofalantes que só son capaces de ler e escribir en español.
Incluso hoxe en día subsiste, en determinados ámbitos, discriminación contra os galegofalantes: algunhas empresas (El Corte Inglés, por exemplo) despediron a traballadores por dirixirse en galego ós clientes.
Durante os anos da Xunta bipartita PSOE-BNG, a dereita axitou coa bandeira da imposición do galego. Porén, nada máis lonxe da realidade. Como demostran as estatísticas, a porcentaxe de persoas que utilizan o galego habitualmente (só falan nesta lingua ou a usan máis que o castelán) reduciuse en tan só doce anos, pasando dun 61% a menos do 39%. Nas cidades máis do 80% fala só español ou maioritariamente español. O castelán non corre ningún perigo en Galiza. É o galego o que está en retroceso, e por iso debemos defendelo. Non podemos ser neutrais: hai que defender o galego fronte ós ataques e o abandono da dereita.
Por un ensino público, de calidade, científico e en galego
Conquistar progresivamente un ensino en galego pasa por un incremento presupostario drástico na educación pública, que chegue polo menos ó 7% do PIB. De este xeito, podería garantirse a gratuidade total da educación, desmasificar as aulas para obter unha educación de maior calidade, garantir desdobres, psicólogos e clases de reforzo para combater o fracaso escolar, etc. Sobre esta base poderían impartirse clases gratuítas de formación en galego, materiais audiovisuais e software na nosa lingua, aumentar o presuposto para a normalización lingüística, etc.
Que non digan que non hai cartos para isto. Que deixen de regalarllos ós banqueiros e utilicen o diñeiro para resolver os problemas da maioría, garantindo ós fillos dos traballadores un ensino de calidade.
Folga Xeral o 21 de Xaneiro
A chegada do PP á Xunta viu acompañada de continuos ataques (recortes do profesorado nas Escolas Oficiais de Idiomas, eliminación da gratuidade dos libros de texto, recortes nos equipos de normalización lingüística, en axudas á tradución…) Se non prantamos cara a Feijóo, os ataques van continuar. É o momento de parar os pés á dereita.
A CIG e o STEG chaman ó profesorado á folga para o día 21.
O Sindicato de Estudantes chama tamén a todo o estudantado de ensino medio a participar na folga do 21 de Xaneiro, paralizando as aulas e acudindo masivamente ás manifestacións.
Igualmente, cremos que os dirixentes de CCOO e UXT deben convocar tamén esta folga, para garantir que o éxito sexa total e consiga frear ó PP, que intentará estender os ataques no terreo social e económico a todos os niveis.
Todos a Compostela o dia 21! Ás 11:30 na Alameda
Paremos a Feijóo!!!
Basta de ataques ó galego. Abaixo o decreto do PP!!!
Basta de recortes ó ensino público e ós gastos sociais!!!
7% do PIB para o ensino público!!!
Os cartos dos banqueiros para o ensino en galego!!!
festivaleiras e festivaleiros aqui tedes o progama definitivo do maior e mellor festival que a especie humana ten visto. non esquezades que os bolos de Soutipedre tamen estarán presentes nos xogos tradicionais.
10:00 SENDEIRISMO
Ruta do Castiñeiro de Pumbariños
12:30 PASARRUAS EN CHINPIN
Musarapas
Lugar : Ruas da Vila
13:30 XANTAR
Menu A Rebusca
Prezo : 9 Euros
Lugar : Cafeteria Nevada e Hostal O`Pendon
15:30 XOGOS TRADICIONAIS
Lugar: Patio do Colexio
15:30 MOSTRA DE ARTESANIA
Lugar:Polideportivo Municipal
15:30 TALLER PARA NENOS
Taller de elaboracion de instrumentos musicais
Lugar:Polideportivo Municipal
16:30 BANDA DE GAITAS DE MANZANEDA
Lugar: Patio do Colexio
17:30 GRUPO ANIMACION GAMUSINES
Lugar: Polideportivo Municipal
18:30 CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Lugar:Patio Colexio
19:00 ECHE O QUE HAI E VAICHE BOA TEATRO
¨¨"Patas arriba.Escuela del mundo al reves"
20:30 CEA POPULAR
Empanada, Callos , Bica e Viño
Prezo : 7,50 Euros
22:00 CONCERTOS
Humanity
Cé Orquestra Pantasma
Arremecaghona Produçions
Ulträqäns
Cuchufellos
o pasado día 24 de outubro celebrabase a segunda edición do festival de Maceda, o Castañazo, e como non podia ser doutro xeito Soutipedre estaba alí para organizar os bolos celtas de Soutipedre que cada dia que pasa son mais os siareiros que este deporte arrastra a todo tipo de festivais e acontecementos populares. é un deporte popular que está en plena fase de expansión e pola súa fremosura acapara a atención de cativos e vellos por igual. poderedes ver en breves un video de como se desenrolou esta edicion de bolos en Maceda co gallo do fetival de música do Castañazo que foi presenciado por aproximadamente 1000 persoas, todo un record para este festival que está despegando. darlle as grazas á organizacion pola acollida que nos deron e polas facilidades para podermos celebrar o campionato popular de bolos de Soutipedre
Nacíanche os dentes dende que sentiche o mítico estalo de Radio-Varal no que se anunciaba a irrupción brutal do proxecto sonoro da LNB no fesibuc , coa dirección do comandante Randeeira nista selva dixital rosa , verde, laranxa que é o facebuc arrinca ista aventura encamiñada a desembocar en edición do Libro-Disco República Billarda , faite republican@ billardeir@ e sigue a actualidade de xeito activo colaborando enviándonos os teus estalos sonoros ou literarios con prazo aberto ate o 15 de decembro.
Pero non é ista a única nova que toca índa que sexa tanxencilamente o Feisbuc e a LNB xa que se prepara a estación de probas de Radio-Varal Live emisións en directo coa actualidade da LNB bañadas con sesións de música non comercial para aplacar as túas noites de insomnio e carraxe. http://ovaral.blogspot.com/
Con Evo de visita no estado español a LNB destapa iste espectacular video-estalo instalado no web oficial dos indíxenas de Soutipower gravado fai unhas semanas no Aberto de Soutipedre por un equipo de enviados especiais de Tele-Varal , encabezados polo comandante Toño Randeeira. A maldita uefa prohibíu desputar partidos de futbol en La Paz por motivos de altitude, en solidaridde co pobo Boliviano a LNB berra dende os picos galegos futbol nunca máis en Bolivia nen en ningún lado , billarda deporte indíxena ó nivel do mar e nos altiplanos!!
E se extremecedor son as verbas de Luis, unha faria pegada a un home pegada , e de Cristian, afectado pola baixura das terras de Soutipedre , prepárate para alucinar coa espectacular colección de fotos do Aberto de Redondela que xa podes visitar íntegra no Foto-Varal.
E atención porque os servicios informativos de TELE-VARAL traballa a reo para en breves intres destapar o video-estalo dista primeira xornada de Superliga en Redondela. Atentos á xogada!!
O 21 de Novembro temos unha cita en Manzaneda.
Da man da Asociación Cultural Os Cuchufellos nace ó Festival A Rebusca, cheo de música e bos momentos.
Este ano será a primeira edición e atoparás moita e boa música, artesanía, xantar popular,xogos populares e un sen fin de actividades para todo o día e a noite. Estamos a traballar no cartaz mais podemos xa adiantar unha actuación para o espazo de noite.
Como non podia ser de outro xeito contaremos cun referente na música do país , os Cuchufellos, uns festeiros incribles e de gran recoñecemento musical no territorio galego. Con máis forza que nunca, e na súa casa, presentaran en Manzaneda, o seu último traballo Achegaivos feligreses que acaba de nacer. Con eles a festa está asegurada!