Estes Somos Nós


As nenas e nenos do C.E.I.P. de Punxín: Aprendemos, Compartimos e Xogamos.
El Tiempo en Punxin - Predicción a 7 días y condiciones actuales.










O meu perfil
ceip.punxin@edu.xunta.es
 CATEGORÍAS
 ANTERIORES
 BÓTALLE UN OLLO
 ARQUIVO

E rematou o curso...

Foi un curso cheo de cousas,traballamos, xogamos , aprendemos, investigamos, actuamos, inventamos, creamos, xogamos, choramos, rimos, celebramos, agasallamos ....

O curso chega ó seu fin e agora.. a desfrutar do verán.



BOAS VACACIÓNS PARA TOD@S
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-06-2009 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O venres fomos de excursión

O venres madrugamos moito, e fomos de excursión á Guarda

Dimos un paseo polo porto, falamos de xardas... e logo subimos ó monte de Santa Tegra para ver os castros, aínda que a opinión xeral foi que o de Punxín o de SAN CIBRAO DE LAS é moito máis grande e bonito, aínda que non está explotado turísticamente.

Despois subimos ata arriba, e vimos petroglifos, e ademais a desembocadura do Río Miño que fai fronteira Natural con Portugal.

Logo do xantar xogamos un pouco ,máis tarde bañámonos, bañámonos e bañámonos , e logo da merendar... un xeado para repoñer forzas.

Algúns quedaron durmid@s de volta...

Pasámolo moi ben.
Comentarios (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 20-06-2009 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festival Fin de Curso
O xoves á tarde fixemos o noso festival de fin de curso...
Facía moita calor...
Cantaron, bailaron , actuaron e presentaron...

E tamén contamos coa actuación
dos maiores que nos sorprenderon
moi gratamente coa Lenda de Xoán Bonhome.



Comentarios (0) - Categoría: Festas - Publicado o 20-06-2009 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O xoves celebramos o aniversario de Laura

Laura cumpre os 5 anos no verán, asique adiantamos a celebración para o xoves.

Cantámoslle o aniversario, houbo torta, e moitas cousas máis.
Comentarios (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 20-06-2009 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E pintamos a árbore

Despois de observar, practicar, e aprender un pouquiño, convertímonos en pequenos e pequenas Ibarrolas, e pintamos a nosa propia árbore.

Asaltamos unha das árbores do noso inmenso patio e este foi o resultado
Comentarios (0) - Categoría: Traballiños da Aula - Publicado o 17-06-2009 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Onte veu ó cole Bea.

E para quen non a coñeza, Bea é a tía de Carlota.
E é fotografa.
Onte veu ó cole a sacarlle fotos ós nen@s para facer unha Orla, e tamén lles tirou algunha foto de grupo.
Aínda que os artistas paciencia non teñen moita e ás veces...

Comentarios (0) - Categoría: Aprendemos - Publicado o 13-06-2009 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Seguimos con Oma



Chega o fin de curso e andamos facendo mil cousas, como o tempo non acompañou aínda non pintamos unha das árbores do patio.
Asique fixemos un ensaio, cunha árbore caseira.. de papel...
Comentarios (0) - Categoría: Traballiños da Aula - Publicado o 13-06-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fomos de Excursión
Hoxe fomos ó Instituto Otero Pedrayo de Ourense , a ver unha exposición moi interactiva ( na que interactuamos moiiiito) de animación á lectura.
Pasámolo bárbaro, e despois achegámonos ata o Xardín do Posío ... había parrulos, paxariños, e os pavos reais, pobres, escapaban de nós...



Instituto Otero Pedrayo


Comentarios (0) - Categoría: Aprendemos - Publicado o 01-06-2009 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A VACALOURA

Hoxe no recreo vimos esta vacaloura.. era grande, grande, e moi tranquila, sacámoslle fotos, e estivemos observándoa un anaco.
Aí vos queda a foto.



Manuel tentou collela, sen facerlle dano, pero non diu e a Yoli diulle un pouquiño de medo, ós demais non lles asustou nadiña...
Despois deixámola tranquila porque a estresamos un pouco...
O que di a galipedia da Vacaloura
Comentarios (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 29-05-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hoxe vimos este video
Que atopamos na web de FLOCOS.TV

Sobre unha historia de José Saramago
Titúlase A flor máis grande do mundo

José Saramago
Esta historia recibiu un premio
Comentarios (0) - Categoría: Traballiños da Aula - Publicado o 26-05-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
quen anda por aí ??

web counter code

frontpage hit counter

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet