No mes de setembro, ademais de cambiar de estación e voltar ó cole, é a época da vendima.
Estamos facendo un pequeno proxecto de investigación sobre a vendima.
Aprendemos palabras novas,distintos nomes que reciben os utensilios ou obxectos que se usan na vendima dependendo da zona, completamos o noso vocabulario, tamén fixemos algún xogo LIM para poñer en práctica o aprendido.
Ademais tamén visionamos co alumnado da clase de 3º un dos clásicos desta época na nosa aula, a Historia de Garnachica. Un vídeo moi ilustrativo desenvolvido pola D.O Campo de Borja.
A imaxe é do debuxante e caricaturista Luís Dávila
Despois de repasar as letras do abecedario hoxe estivemos recordando o que eran as sílabas... como dividimos as palabras... palabras de unha, dúas, tres ou catro sílabas..
Tamén fixemos un par de fichas sobre as sílabas.
E miramos algúns vídeos, moi ilustrativos, estes foron os que máis nos gustaron.