@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Garnachica
O luns tivemos outra sesión de vídeo cos nenos e nenas da clase de 2º.

Vimos a historia de Garnachica unha uviña moi xeitosa da D.O. Campo de Borja



Estes días imos falar un pouquiño da vendima, xa que estamos no tempo.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 28-09-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe tivemos sesión de vídeo.
Antes da hora do recreo, viñeron os nenos e nenas da clase de a facer unha pequena sesión de vídeo con nós : O soldadiño de chumbo.
Portámonos todos e todas moi ben e estivemos moi atentos á pequena curtametraxe que vimos hoxe.
Falamos de qué era o chumbo, e de que é precisa moitísima calor para derretilo. E tamén da importancia de axudar ós demais.

Acó vos queda un link ó vídeo por se queredes voltar a velo:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-09-2011 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Recordando...
Pasados os nervios do primeiro día, hoxe adicámonos un pouco a recordar as letras do abecedario.

As que xa coñecíamos e as que non.
Acó vos queda unha canción moi marchosa que escoitamos hoxe sobre o abecedario en castelán.

(A imaxe é do artista Keith Haring)



COMENTARIOS (2) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-09-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza un novo curso
Unha clase nova, unha mestra nova, e unha etapa nova: a ED. Primaria.

Luns, día 12 de setembro: comezan unha serie de cousas novas para os "nov@s" pequechos e pequechas da Oliveira.

Pasar da ED. Infantil á ED. Primaria é un cambio moi grande, e hoxe comezamos ese novo camiño.


Agardo que este novo curso estea cheo de experiencias, curiosidade, ledicia, entretemento, aprendizaxes, e un montón de cousas divertidas e bos momentos. E con isa intención comezamos.



BENVID@S Ó NOVO CURSO, BENVIDOS Á EDUCACIÓN PRIMARIA.


Acó vos queda un pequeno vídeo do que se pode facer cunha caixa de cartón e unha imaxinación infinda:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 10-09-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0