Hoxe viñeron os deberes moi ben feitos, e todos e todas trouxemos polo menos o nome de dúas ou tres castes de uvas.
A profe apuntounas e contamos o número de veces que se repetían, a que máis veces se repetiu foi a Mencía.
Acó vos queda o nome de todas as clases de uvas que recopilamos. Fáltanos algunha?
Ademais vimos a historia de Garnachicacos nenos e nenas da clase de 1º que tamén están traballando sobre o tema.
Os deberes para hoxe eran preguntar na casa que tipos de uvas coñecen... na clase xa sairon algúns nomes..
E hoxe saberemos as resposta!!!!
En Galicia temos moita variedade e hai distintas DENOMINACIÓNS DE ORIXE para os nosos viños.
Deixámosvos acó un video que tiramos da páxina do MUSEO DO VIÑO DA D.O CAMPO DE BORJA na que nos conta a historia dunha pequena uva, Garnachica ( a garnacha é un tipo de uva) e o proceso de elaboración do viño.
Imos ver este video hoxe, e queremos compartilo con vós.
Estes días imos investigar sobre a vendima... a ver cantas cousas aprendemos.
Época de vendimas.. época da matanza..de magostos e castañadas. E samaín!
A algunhas árbores caenlles as follas, algúns paxariños marchan a lugares onde non vai tanto frío..
A paisaxe muda, as follas teñen miles de cores...
Algúns animais prepáranse para durmir ó longo inverno..
Pois si pois si.. como xa non estamos en 1º agasallámoslle ós nenos e nenas que este ano están en 1º o número un que fixemos o ano pasado, para que todo o mundo soubese que a súa é a clase de 1º.
E istes días despois de facer boliñas ( moitas boliñas..) e pegalas... xa temos o noso número dous,
para que todo o mundo saiba que a nosa clase é a de 2º.