|
|
|
Espirais |
|
Seguimos traballando cousiñas de caracois,
hoxe centrámonos na forma espiral das súas caracoliñas...
E tivemos o noso momento de creación artística e fixemos
as nosas propias espirais de cores nos cristais da fiestra...
Aquí vos queda unha mostra
|
|
|
|
Máis sobre caracois ... |
|

Puff! hoxe aprendimos unha chea de palabras raras, relacionadas cos caracois..
Sabíades que son MOLUSCOS e ademais.. unha palabra todavía máis rara.. GASTERÓPODOS ???
Pero non so descubrimos iso, senon que tamén hibernan, pero case que o que máis nos gustou foi o da forma de ESPIRAIS das caracoliñas
E iso de que son comestibles a algún diulle un pouco de noxo |
|
|
|
Caracois.. |
|

Onte e hoxe andivemos facendo uns caracoliños para decorar a nosa aula un pouco,
despois de pintalos puxémoslle esas boliñas tan xeitosas que fixemos.
A nosa clase está recén pintada e hai moito espazo en branco.
Tamén fixemos uns caracois de plastilina, pero nada que ver co do video!!!
Os caracois.. en outono déixanse ver bastante, falamos hoxe na clase de porque...
pero aínda sabemos moi poucas cousas sobre eles asique teremos que seguir investigando...
|
|
|
|
Hoxe foi o aniversario de Yoel |
|

Yoel xa ten 6 anos.
Fixo unha coroa, porque hoxe era o seu día e ademais foi o "axudante".
Cantámoslle, felicitámolo e fixémoslle un foguete e ademais trouxo uns agasallos para todos.
Parabéns Yoel. |
|
|
|
Comezamos !!! |
|
Unha nova etapa. Comezamos a ED. Primaria.
Imos compartir experiencias, diversión, aprendizaxe, coñecementos, aventuras, retos, festas e moitas cousas máis.
Con ilusión e con moitas ganas de traballar.
Os nenos, a nena e a profe de 1º do Santiago de Oliveira, inauguramos o noso blogue.
Pasen, e desfruten.
Aquí queda un video, cheo de preguntas.. que tentaremos respostar ó longo do curso..
|
|
|
|