Onte fomos de excursión ás ILLAS CÍES , e pasámolo xenial, foi un día completo cheo de actividades, contacto coa natureza e convivencia, ademais acompañou o bo tempo.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos da nosa excursión:
Iste trimestre as aulas de 1º e 2º estamos aprendendo cousas sobre o pintor PICASSO.
Buscamos información sobre o artista en libros da biblioteca e tamén en internet.
Descubrimos cousas da súa vida coma onde naceu, onde viviu, onde estudou onde morreu, cantos anos viviu...
Ademais estudamos as súas distintas etapas pictóricas, así observamos a súa época azul, a súa época rosa e tamén a súa época cubista..
Observamos moitos dos seus cadros analizamos, inventamos títulos e fixemos as nosas propias versións.
Coma por exemplo do cadro de "Os tres músicos", ou o que máis nos gustou, "O GUERNICA" outra das obras nas que puxemos especial interese foi "Muller ante o espello" que nós rebautizamos como "muller embarazada".
Investigamos, buscamos, comparamos, aprendemos, compartimos e creamos. E durante todo o proceso fomos creando un pequeno libro para levar á casa con parte do que aprendemos e poder ensinarllo ás nosas familias.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos de todo o proceso.