Onte a A.N.P.A. do colexio organizou unha magnífica mañá de festa e diversión, pasámolo xenial!.
E hoxe houbo un pequeno acto de fin de curso, no que os e as protagonistas foron os nenos e nenas de 6º e máis os de 5 anos, uns por rematar a súa etapa no colexio e os outros/as por rematar a infantil e comezar a primaria.
E agora a desfrutar do verán despois dun curso cheo de traballo , esforzo e diversión.
Levamos varios días coa idea de facer unha stop motion , despois de ver algunhas que nos gustaron moito.
Levamos algúns días dándolle voltas á plastilina e pensando que podíamos facer, fixemos serpes longuísimas, rios, pontes... e ó final isto é o que saiu..
E a nosa primeira creación, aínda que hai que recoñecer que non temos moita paciencia, agardamos que vos guste...
Hoxe fomos de excursión cos nenos e nenas de 2ª e de 3ª ata Praia América a ver a exposición de Dinosauros Park que nos gustou moitísimo, aprendimos algunhas cousiñas e sobre todo pasámolo moi ben.
Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que tiramos:
O pasado venres e con motivo da proximidade do Mundial do Medio Ambiente que se conmemora o 5 de xuño, todo o colexio fixo unha camiñata ata a parroquia de CUMIAR