@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A noite de San Xoán

Nos últimos días de clase estivemos falando tamén dalgunhas festas populares da nosa comunidade, e especialmente falamos da festa do San Xoán, que é hoxe á noite.
Falamos, das cacharelas, das fogueiras, das lumeradas, de queimar os trastos vellos, de desprendernos do que non nos gusta, falamos de herbas, e tamén falamos que nalgúns lugares a xente escóndelle cousas a outra xente , ou cámbianlle de sitio as cancelas ou as cousas que atopen, e que nalgúns lugares as deixan logo en zonas comunitarias: diante da igrexa, no local social...
E claro está falamos das sardiñas e de que no " San Xoán a sardiña molla ó pan".
A portada das fichas deste trimestre é unha imaxe feita por Castelao que representa unha fogueira do San Xoán.


Acó vos queda un poemiña de Manuel Murguía:

Día de San Xoán, alegre, meniña, vaite lavar, pillarás auga do páxaro antes do que o sol raiar.
Irás o abrente do día a auga fresca catar da auga do paxariño que saúde che ha de dar.
Corre, meniña, vaite lavar alá na fonte te has de lavar, e a fresca auga desta amañecida cor da cereixa che tén que dar Se arraiar, se arraiará tódalas meigas levará, se arraióu, xa arraióu, tódalas meigas levou Peladas era peladas serán todalas meigas que andan polo chan.
Peladas son, peladas eran tódalas meigas que andan pola terra.


A desfrutar do San Xoán !!!
Para saber máis
COMENTARIOS (1) - Categoría: Festas - Publicado o 23-06-2011 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida
Os pequech@s da Oliveira xa non o son tanto, e van a pasar ó 2º ciclo !!!!, onde seguirán aprendendo moitas cousas con tanta enerxía e vitalidade.

E para o curso que vén, outros pequech@s comezarán a súa andaina na educación Primaria e dende acó contarémosvos as súas fazañas...

Foi un pracer aprender con vós estes dous anos.
Un biquiño moi grande da profe.

E agora a desfrutar do verán.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos deste curso.



Non mandedes, por favor,
á lúa un xeneral,
montaría alí un cuartel
con trompeta e oficial.

Non mandedes un banqueiro
ó satélite prateado,
meteríao en caixa forte
como diñeiro aforrado.

Non mandedes un ministro
de séquito empiriquitado,
enchería con pancartas
os cráteres do astro axeitado.

Ha ser un poeta
o que á lúa se achegue
pois adoita alí pousar a testa
para que deste mundo sosegue...

A soñar fermosos soños
está ben acostumado,
sabe esperar o imposible
mesmo estando desesperado.

Pois que os soños e a esperanza
se volven reais como as flores,
tanto na Lúa como na Terra
deixade paso ós SOÑADORES.
(Rodari)
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 23-06-2011 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas conferencias.
O pasado luns fomos á clase de 1º para ver unha película cos nenos e nenas desa clase.
Como aínda nos quedaban algunhas conferencias pendentes e o tempo botouse enriba, ese día, e como atentísimo público as nenas e nenos de 1º ( ós que lles agradecemos a súa colaboración) escoitamos as conferencias que tiñamos pendentes.

Melisa falounos da tarta de galletas que fai súa nai.E explicounos como a elabora.
Enrique contounos o que fai no seu tempo libre: fútbol, informática e piscina.
Óscar leunos unha longa explicación sobre as plantas e da importancia que ten para a nosa supervivencia coidalas.
Rubén explicounos que de maior quere ser futbolistas, e aclarounos como se xoga ó futbol, os xogadores, as normas, os integrantes dun equipo.
Raul falounos das cousas que lle gusta facer: a qué lle gusta xogar, con quen..., e tamén nos falou dos chimpíns .
E Diego falounos da súa paixón: os cabalos e as éguas.
E con isto damos por finalizado o ciclo de conferencias, que foi interesantísimo e moi instructivo.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Conferencias - Publicado o 22-06-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Fin de Curso.
Onte foi o festival de fin de curso do colexio, as actuacións foron fantásticas e moi divertidas. Os nenos e nenas de 5 anos recibiron un diploma e un agasallo por rematar o ciclo , e igual cos nenos e nenas de 6º curso.
A actuación da nosa clase estivo moi moi ben, a mágoa foi que non se escoitase moito o ben que cantaron.
Acó vos quedan algunhas fotiños previas á actuación.

Foi unha mágoa que Yoel, Cristian e mais Alex non puidesen vir.




A cabeza non paraaaaaaaaaa!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 18-06-2011 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
O noso conto viaxeiro
Acordádesvos alá no mes de febreiro que vos comentamos que iamos facer un CONTO VIAXEIRO ?? Pois acó o tedes.

Comezamos pola última da lista, e cada semana foi pasando pola casa de alguén...ata chegar ó primeiro da lista. Xa o rematamos hai un par de semanas.
Moitas grazas ás familias por participar tamén na súa elaboración.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 14-06-2011 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o festival de fin de curso.
Levamos unha semana preparando a nosa actuación para o festival de fin de curso, que será o próximo venres no patio do colexio.
Queremos despedir o curso cun pouco de humor asique estamos ensaiando esta canción...
A cabeza non para !!!

COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-06-2011 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Onte fomos de excursión a Marcelle!!
Foi unha longa viaxe dende Ponteareas, pero mereceu a pena, vimos un montón de animais exóticos, e non tanto, vimos un teatro de monicreques, xogamos, convivimos aprendemos cousas novas e ademais pasámolo moi ben.
Acó vos quedan algunhas fotiños:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 12-06-2011 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Hugo
O pasado xoves día 9, foi o aniversario de Hugo e celebrouno con nós no colexio.

Trouxo un biscoito moi saboroso con forma de peixe!! , e ademais tróuxonos un pequeno agasallo para cada un de nós.

Cantámoslle en inglés, galego e castelán e pasámolo moi ben.

Parabéns para Hugo.







COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 12-06-2011 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0