Hoxe despois do recreo baixamos ó patio todos os nenos e nenas do colexio e xogamos.. xogamos moitísmo.
Primeiro foron as carreiras de sacos, logo as de boliña con culler...
E despois por clases fomos rotando polos
diversos xogos que a nosa profe de ED. Física, Patricia, preparou
xogamos: Á PETANCA
ÓS BIRLOS
ÁS CANICAS
Á CORDA
ÁS CHAPAS.
Hoxe voltamos ver o video que puxemos onte no blogue,os nenos e nenas de 2º invitáronnos a velo na súa aula con eles.
Por outra banda, tiñamos certas dúbidas,
de porqué había que pechar as fiestras
en caso de incendio.
Asique a profe buscou un chisqueiro,
un vaso de cristal e unha vela para explicarnos que o lume precisa do osíxeno para expandirse.
Polo tanto se o lume non ten osíxeno remata por apagarse, e iso foi o que lle sucedeu á vela, unha vez que lle puxemos o vaso de cristal enriba.
Por iso é tan importante pechar as fiestras en caso de incendio, para que o lume non teña osíxeno e non se extenda
Coma onte Yoel non veu, tamén lle ensinamos onde están os extintores, as luces de emerxencia e a toma de auga no noso andar.
A semana que vén imos facer un simulacro de emerxencia a nivel de Centro.
Esta semana estamos traballando un pouco o tema, hoxe miramos o plano da nosa aula e commo temos que evacuar, miramos onde están situados os
extintores na nosa planta e tamén onde están as luces de emerxencia.
E falamos tamén de que temos que facer,se por exemplo hai un incendio.
Vimos tamén algúns videos relacionados co tema, algúns moi graciosos, outros máis serios.
Acó vos queda un exemplo.
Ademais falamos dos números de teléfono ós que temos que chamar cando haxa unah urxencia: bombeiros, policía , ambulancia, pero especialmente ó 061 e ó 112
Estes días temos un pequeno recunchiño da aula con flores que foron traendo algúns dos nen@s da clase.
Diego e Melisa, trouxeron unhas hai un par de semanas, e xa murcharon.
Estes días temos as flores que trouxo Alex, ou as que trouxo Raul, e hoxe Yoel trouxo unha "flor da paixón" e estivemos indagando sobre o porqué do nome desta flor.
Acó vos queda unha foto do noso recunchiño.