Hai un par de semanas ,estivemos investigando un pouco sobre os inventos, e as persoas que os crearon.
Descubrimos que os chineses sempre levaron vantaxe a occidente en moitas cousas e tamén vimos algún vídeo dalgún inventor salientable, así aprendemos cousas sobre
GALILEO e tamén sobre
LEONARDO DA VINCI ou
GUTENBERG
Tamén falamos de que a maioría dos inventores son homes, porque ata hai relativamente pouco ás mulleres non eran admitidas nas universidades , e moitas veces nin podían cursar estudos ou investigar. Como caso feminino especialmente interesante investigamos un pouco sobre
MARIE CURIE
Ademais miramos algún documental sobre os
inventos españois máis destacados.