@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Imos de Excursión a Marcelle.

Mañá martes imos de Excursión a MARCELLE , un día completo rodead@s de natureza e animais das máis diversas orixes.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 25-05-2015 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA.

O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA ( Guláns).
As clases de 5º e 6º tiveron unha xornada de DEPORTE ESCOLAR , xogando ó baloncesto e ó "hockey".

O resto dos nenos e nenas dividímonos por ciclo e fixemos algúns xogos tradicionais , e tamén lles ensinamos o noso colexio ós nenos e nenas que conviviron con nós.

Despois de tanto xogar, chegou o momento do chocolate e as rosquillas , das que demos boa conta.

Pasámolo xenial.

Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que se tomaron o venres.

 
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 25-05-2015 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Claudia e Paula.
O pasado xoves 21 foi o aniversario de Paula e Claudia e celebrárono con nós na escola.

Trouxeron unhas rosquillas e uns bombóns que estaban requeteboísimos.

Fixémoslles un debuxo . felicitámolas e cantámoslle polo seu aniversario.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 25-05-2015 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Cristina

O pasado martes foi o aniversario de Cristina e celebrouno con nós na escola.



Trouxo iste biscoito tan rico que nos encantou, fixémoslle un debuxo e cantámoslle.


PARABÉNS PARA CRISTINA
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 25-05-2015 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Zoe


O venres Zoe celebrou o seu aniversario con nós, felicitámola, cantámoslle e fixémoslle un debuxo.



E trouxo ista torta tan rica!
Parabéns para ZOE.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 17-05-2015 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO LIBRO DO UNIVERSO
As clases de 1º e 2º de Oliveira fixemos o noso libro do Universo, cada clase fixo o seu propio,  no mesmo formato e tamaño, unha vez elaborada cada unha das partes, decidimos xuntalas para crear un único libro coas nosas preguntas e respostas sobre o Universo.

Imos plastificalo para que teña unha longa vida na BIBLIOTECA do noso centro e así poder miralo cando queiramos .

 Pero tamén o volcamos nun  ISSUU para poder compartilo coas familias, e con outros nenos e nenas, acó vos queda o noso libro, do que estamos moi orgullosas e orgullosos.




COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 17-05-2015 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA NAI
Igual que fixemos un pequeno vídeo para o día do pai, para o día da nai non ía ser menos.. acó vos queda.



Ademais tamén fixemos un rap ( coa APP que tanto nos gusta AUTORAP) cos nomes das mamás da nosa clase: RAP
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 01-05-2015 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da visita de Anxo Moure.
Acó vos quedan as fotos da visita , as do contacontos para a clase de 1º e 2º:



Se tamén queredes ver as fotos dos outros ciclos, acó vos queda un link ó artigo relacionado do blogue do cole

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 01-05-2015 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0