@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Investigando sobre Exipto.
Lemos o libro Andeis Baleiros de Susana Lamela .

E gustounos moito moito, pero ademais de Ani, aparecía un libro chamado Ramsés que estaba escrito nunha linguaxe moi estrana, que resultou ser xeroglífica.


E alá que nos puxemos a investigar sobre EXIPTO , falamos das pirámides, dos faraóns, da súa linguaxe da súa cultura.
E tamén un pouco de Exipto na actualidade.

Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos para informarnos:



Interesounos bastante o tema dos xeroglíficos, falamos da pedra ROSETA, e fixemos as nosas propias traduccións. Foi bastante complicado!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 31-05-2014 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe celebramos o aniversario de Noelia.

Hoxe Noelia celebrou con nós o seu aniversario, cumpriu xa 7 anos!!!.



Cada un fíxolle un debuxiño e ademais trouxo unhas "trufas" que estaban moi boas, e unhas galletas ricas ricas.




Cantámoslle, felicitámola e ela pintou a súa coroa, de aniversario.


PARABÉNS PARA NOELIA.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 27-05-2014 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe tivemos unha visita moooi especial.


Hoxe ademais de celebrar o aniversario de Noelia tivemos unha visita moi especial!!!: viñeron a última hora Verónica e Andrés.
A mamá e o irmán de Nicolás.


Estivemos falando de que é un bebé moi pequerrechiño, porque aínda non ten un mes. E portouse moi ben, porque aínda que estivemos mirándoo e facendo algo de ruído, case non chorou.

Estiveron con nós un anaco e puidemos ver o fermoso e pequeniño que é Andrés.

Parabéns para a familia de Nico.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 27-05-2014 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe temos aniversario por partida dobre: Claudia e Paula.

Hoxe Paula e Claudia cumpriron 7 anos.

E celebrárono con nós no colexio. Pintaron a súa coroa e fixémoslle un debuxiño. Hoxe foi traballo dobre, xa que había dúas homenaxeadas.

Ademais trouxeron uns bombóns e unhas galletas que estaban requeteboísimos.



MOITOS PARABÉNS PARA CLAUDIA E PAULA.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 21-05-2014 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
O domingo foi o aniversario de Cristina.




Xa ten sete anos, e celebrouno con nós, no colexio o luns.

Cantámoslle,fixémoslle un debuxo e ela decorou a súa coroa.

Ademais trouxo un biscoito grandíiiiiiiisimo que estaba requeteboísimo e como somos moi larpeir@s case o comemos todoo!!


PARABÉNS PARA CRISTINA.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 21-05-2014 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o día das letras galegas.
Cada 17 de maio dende o ano 1963 celébrase o día das Letras Galegas.

Iste ano adicado ó poeta Xosé María Díaz Castro , que naceu en Guitiriz ( provincia de Lugo). Foi poeta e traductor, e publicou un único libro de poemas: NIMBOS.

Ista semana estivemos aprendendo cousas sobre o autor, e miramos algún que outro vídeo para informarnos:



Tamén lemos a súa biografía e algún dos seus poemas. Acó vos queda Penélope, quizais o seu poema máis coñecido.






De todos os vídeos que miramos ista semana o que máis nos gustou foi iste, elaborado polo alumnado e profesorado do Instituto de Guitiriz, que leva o nome do autor homenaxeado: IES Xosé María Díaz Castro, acó vos queda:

Coordinadora Galega de ENDL
Páxina da Xunta
Páxina da RAG
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 17-05-2014 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Fixemos un obradoiro con María Lires.
O pasado xoves ademais de celebrar o aniversario de Zoe tamén tivemos unha actividade moi especial.

As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º fomos á Axencia Municipal de Lectura de Guillade, para facer un obradoiro de debuxo coa ilustradora María Lires que nos ensinou como debuxar animais, especialmente xirafas...


Ademais estaba alí a bibliotecaria, Sofía, que moitos dos nenos e nenas xa coñecían, para botarnos unha man.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 17-05-2014 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
O xoves foi o aniversario de Zoe.



O xoves Zoe estivo de celebración: Xa ten 7 anos!!!

Pintou a súa coroa e cada un fíxolle un debuxiño moi bonito.

Ademais trouxo unha torta moooooi rica, da que non quedou nada!!!


Parabéns para Zoe.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 17-05-2014 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0