@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A TOLERANCIA
Dende a comisión de Convivencia do cole, propuxéronnos unha actividade colectiva, entre todos imos crear unha flor de 9 pétalos, un por cada aula e a cada aula asignáronlle unha palabra para traballar sobre ela e plasmala no seu "pétalo".
A nós toucounos a "TOLERANCIA" , miramos algúns vídeos relacionados coa tolerancia e tentamos comprender a súa importancia en todas as nosas accións.
Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 30-05-2011 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
As olivas de Oliveira.
Estamos chegando ó final do curso e decidimos expresar o que máis nos gusta ou o que máis nos gustou do que vivimos este ano no cole.
Como o noso cole é Santiago de Oliveira, decidimos facer unhas "olivas xigantes" nas que escribimos os nosos pensamentos positivos sobre o vivido este ano. Polo outro lado pintámolas da cor da oliva e despois baixamos ó patio e de un en un colgámolas na Oliveira que temos no patio do colexio. Acó vos quedan unhas poucas fotos.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Poemario Experimental - Publicado o 29-05-2011 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os titeres.

O pasado mércores, antes do recreo, tivemos unha actuación de títeres para tod@s no ximnasio do cole.

Ademais de música en directo, tamén aprendemos que non podemos esquencernos dos contos porque os seus protagonistas escapan deles cando ninguén os recorda. E logo teñen que buscalos, para devolvelos ó seu conto.

Pasámolo moi ben.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 29-05-2011 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Diego

O pasado venres celebramos o aniversario de Diego, que nos trouxo un montón de cousiñas para picar na clase.

E ademais tivemos unha actividade coas rapazas da Ludoteca de Ponteareas. Foi un día completo.

Aínda que con unha semana de retraso: Parabéns para Diego.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 29-05-2011 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Bandeiras Azuis
Estes días en Coñecemento do Medio estamos traballando un pouco sobre o turismo, viaxar, as vacacións, praia, montaña.. museos..
E hoxe estivemos falando do que eran as BANDEIRAS AZUIS , e que quere dicir que unha praia teña unha bandeira azul, que requisitos debe ter.
Por outra banda tamén comentamos que Galicia é a comunidade autónoma que ten máis bandeiras azuiS.

O que indica que ademais de ter praias excepcionais tamén contan con recursos ó servizo dos e das bañistas.
Acó vos queda un artigo do Xornal sobre as Praias con bandeira Azul deste ano 2011.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 27-05-2011 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Bo día das Letras Galegas
Que como sabedes este ano está adicado ó poeta monfortino, LOIS PEREIRO

"A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata"
(Lois Pereiro)


"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 17-05-2011 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos con Lois Pereiro
Hoxe estivemos traballado un pouquiño sobre Lois Pereiro e limos dous dos seus poemas.

Ademais mañá tócanos facer o programa de radio, e imos falar de Lois Pereiro.

Acó vos queda un lim que fixeron dende o CRA Raíña Aragonta de Salceda de Caselas, cos posters que nos enviaron a todos os centros

LIM LOIS PEREIRO


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 10-05-2011 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos co noso ciclo de Conferencias

Hoxe tivemos conferencia dobre:
Por unha banda Alejandro falounos da festa do Requeixo das Neves. Explicándonos cando foi, o que había nesta festa, e as diversas formas nas que podemos tomar o requeixo. E que foi a primeira vez que tomou requeixo !!!

E pola outra Yoel falounos do noso planeta : A Terra. Explicándonos a súa idade, os continentes que o compoñen, e os países que hai en cada un deles, , a súa división terra/auga e moitas cousas máis.

Ambas conferencias estiveron moi moi interesantes!!.
Hoxe tamén contamos como público invitado cos nenos e nenas da clase de 1º, ós que lles agradecemos a súa colaboración.
Acó vos queda unha foto dos conferenciantes de hoxe en plena exposición.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Conferencias - Publicado o 09-05-2011 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0