@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 2º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!








Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O festival das letras Galegas
O pasado venres 21, celebramos o festival das letras galegas.
Que como xa sabedes estivo adicado a Uxío Novoneyra.
Trocamosmos desta volta de escerio e acó vos queda
unha pequena presentación
de fotos dese día, feita dende
o equipo de TIC.
Temos uns artistazas no colexio!!!!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 30-05-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
O mércores fomos de excursión
Visitamos o planetario, que nos deixou moi impresionados, tanto ós maiores coma ós pequenos.
E despois xantamos, xogamos, xogamos e pasámolo moi ben.
E pola tarde fomos ata o Acuario, e miramos un montón de cousas, a quenlla Gastón, as focas, as estreliñas de mar, e un montón de cousas máis ...

O tempo acompañou, e pasámolo moi ben.
Acó vos queda unha pequeniña presentación de fotografías.

COMENTARIOS (2) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-05-2010 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
O PROXIMO MÉRCORES IMOS DE EXCURSIÓN.
O próximo mércores faremos a excursión de FIN DE CURSO

Iremos A CORUÑA todo o día para visitar: ”A Casa das Ciencias”e o “Acuario Finisterrae “

O prezo de esta saída é de: 15 Euros (Incluído o autobús e as respectivas entradas)

TEÑEN QUE TRAER COMIDA PARA MEDIA MAÑÁ,MEDIODÍA E A TARDE.
Os máis pequenos teñen que vir con roupa cómoda preferiblemente chándal.
Non poden traer bebidas en envase de cristal, os nenos e nenas que se maren sería convinte
que tomasen un chicle de biodramina(en farmacias).

HORA APROXIMADA DE REGRESO: ENTRE AS 20:30 E AS 21:00H., OS NEN@S BAIXARÁN NAS PARADAS: BOTAFUMEIRO, GÁNDARA, FÁBRICA, VOLTA, PORTELA, CELEIROS(NA CARIXA), CRUZ DO VALADO, PÍO, UMA (BAR OUTÓN), GUILLADE DE ARRIBA, PORTELA E CUMIAR.


COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 12-05-2010 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
AS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das letras galegas está adicado a un señor chamado Uxío Novoneyra
A nivel de centro estamos preparando un mural, cada un dos ciclos fixo unha parte dun puzzle, e logo xuntarémolo.
Acó vos queda unha mostra da parte que nos tocou ó primeiro ciclo.
Os nenos e nenas da clase de 2ª pintaron e nós puxemos o marco de boliñas de papel...
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 08-05-2010 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
O mel de Galicia

O martes veu unha señora a falarnos do mel de Galicia.
Dixonos que segundo as flores e arbores o mel sabe diferente.
Que so hai unha raiña en cada colmea.
E que os apicultores poñian un traxe para recoller o mel
e utilizaban fume para que as abellas deixasen a colmea libre.
Tamén catamos o mel e nos diron un pequeno agasallo...
Un libriño de xogos,
un libriño de banda deseñada,
unha mostra de mel e un autocolante para a pel.

Estivo moi interesante.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 08-05-2010 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
LIPDUB: Galegando !!
Hoxe aprendimos unha palabra nova "lip dub" que literalmente ,
traducido do inglés significaría "lectura de beizos".
Na WIKIPEDIA tendes un artigo explicando de que se trata.
En resumidas contas é un video que:
É rodado nun so plano.
Reinventa ou versiona unha ou varias cancións.
Aparecen distintas persoas...

O caso é que hoxe miramos o lipdub que fixeron dende o IES Pintor Colmeiro
en Silleda,titulado: GALEGANDO. Gustounos moito moito.
Acó vos queda:

A web do EIS PINTOR COLMEIRO
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 04-05-2010 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal