@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O NOSO PRIMEIRO CONTACONTOS!!
Hoxe a sesión de contacontos para o alumnado de ED. Infantil correu ó cargo da Clase de 3º .

Era a primeira vez que ían contar o conto, e estaban un pouquiño nerviosas!!!



O conto elexido foi Confundindo Historias de Gianni Rodari.



Unha avoa un pouco despistada, que fai unha versión moi libre do conto tradicional da Carapuchiña Vermella , na que é verde,  negra ou amarela... e moitas cousas máis....


Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 30-04-2018 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
A división.
Levamos unha semana introducíndonos no mundo da división.
Xa sabíamos o que era a metade dunha cantidade e un terzo...
Agora que xa controlamos bastante ben as táboas de multiplicar é o momento para traballar sobre a división.
Un xeito de repartir unha cantidade, a partes iguais...

Despois das explicacións, e a novidade, ver os elementos da división tamén miramos algúns vídeos...



COMENTARIOS (0) - Categoría: Matemáticas - Publicado o 17-04-2018 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os Volcáns.
Esta semana estivemos aprendendo cousas sobre os volcáns, erupcións, porqué se producen, volcáns coñecidos, en activo, os que non, o Teide..

Tamén miramos titoriais en internet, de cómo facer un volcán caseiro. O que máis nos gustou foi este Vídeo dun volcán en erupción para nenos. pero vimos máis.

Observamos que en casi todos a "lava" saía case branca aínda que utilizasen colorante, asique decidimos mesturar o colorante de pastelería co vinagre de mazá a ver se conseguíamos máis cor.

Ademais fixemos un preciosísimo volcán de plastilina e encargámonos de meter un vaso dentro para poder ter os ingredientes ben misturados.

Todo isto organizándose sos e durante toda a semana.

Acó vos quedan unhas poucas fotos da evolución e un pequeno vídeo do momento.

Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós!!!!.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 14-04-2018 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0