Levamos un par de semanas coas táboas de multiplicar.. dándolles moitas moitas voltas.
Primeiro fixemos a nosa propia e personalizada táboa de multiplicar.
Despois fixemos algunha que outra ficha de colorear sobre as táboas tamén...
E ata escoitamos algunha canción sobre as táboas.
Temos claras varias cousas:
-Multiplicar é un xeito de sumar máis rapidamente.
-Todo número multiplicado por 0 é 0, 10x0=0, 10.000x0=0
-Todo número multiplicado por 1 é ise mesmo número.
-E todo número multiplicado por 10, é ise mesmo número pero cun 0 ó final..
Por outra banda xa case temos dominada a táboa do 2, e a do 5.. a algunha máis!
No colexio estamos preparándonos para DÍA DO LIBRO..
Haberá unha serie de actividades conxuntas a nivel de centro que podedes ver mellor explicadas no BLOGUE DO COLE
E ademais a nivel de ciclo, miramos unha serie de libros que nos animan a ler.. e que nos gustaron moito. Acó vos quedan por se os queredes ver outra vez.