@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aniversario de MELISA

O pasado día 25 foi o aniversario de Melisa.
Como non houbo cole, celebrouno hoxe con nós, tróuxonos un agasallo para cada un.
E cantámoslle, en castelán, en inglés e en galego..

Parabéns para Meli.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 27-04-2011 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
O libro viaxeiro...
Nestas tres últimas semanas e partindo dunha proposta do equipo da Biblioteca todas as clases do cole participamos na elaboración dun conto/libro viaxeiro.
Empezando pola clase de tres anos, cada aula fixo unha das follas do conto.
Despois dende o equipo das TICs pasouse a formato dixital para que o poidades ver tamén na web.
O conto titúlase: As tres arañas.



As tres arañas
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 19-04-2011 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe chegounos unha carta...
Era de "Oli Rei", a mascota da biblioteca , propúxonos unha caza do tesouro, tiñamos que atopar tres libros da biblioteca e para iso seguir unha serie de pistas que nos foi deixando por todo o colexio !!!

Ós nenos e nenas da clase de 1º tamén lles chegou a mesma carta da nosa mascota.
Tod@s conseguimos descifrar as pistas e como traballamos en equipo e nos esforzamos moito, chegamos á solución tod@s xuntos! , e ademais houbo un agasallo chulísimo !!

Acó vos quedan as fotos para que vexades que ben o pasamos :

Artigo do blogue do cole sobre esta actividade
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 12-04-2011 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
O EURO
Estes días estamos traballando un pouco o tema do EURO, é bastante complexo para nós, pero estamos traballando cos billetes e moedas, xogamos a mercar e vender, fixemos algúns problemas ...
Pero sobre todo familiarizámonos cos billetes e coas moedas.
Xa sabemos que hai moedas de 1, 2, 5, 10 , 20 , 50 céntimos de euro, e de 1 e 2 euros.
Tamén sabemos que hai billetes de 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros.

Acó vos quedan un par de links con algúns xogos interesantes para practicar:
XOGO EUROS
SUMAR MOEDAS

COMPARANDO MOEDAS

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 11-04-2011 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os movementos da terra.
Estes días en Coñecemento do Medio estamos traballando sobre a terra, os movementos de rotación e translación que dan lugar ós días e ás noites e ás catro estacións do ano.
Sabemos que un ano ten 365 días e 6 horas, polo que cada catro anos, esas 4 horas se xuntan 6x4=24 dando lugar a un día máis, o 29 de febreiro, día en que o Entomodelfo nace...
Acó vos queda un dos videos que vimos hoxe.


Doki descobre a lúa
Doki descobre porqué se fai de noite
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 05-04-2011 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 de abril
Hoxe é 1 de abril, e : o 1 de abril van os burros onde non deben ir...
É o equivalente galego á tradición do 28 de decembro.

Hoxe os nenos e nenas de 6º tentaron gastarnos unha broma, pero non nos crimos nada!!!.

E tamén estivemos facendo bromas na clase...
Asique se hoxe vos contan algo realmente raro e sospeitoso, non o creades...

E ademais houbo deporte escolar, viñeron os nenos e nenas de 6º do CPI de Mondariz a xogar cos nenos e nenas do 3º ciclo, e despois do recreo chocolatada e rosquillas para todos.!!!

COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2011 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0