@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ciclo de Cinema.
Como xa vos comentamos, o venres comezamos tamén co ciclo de curtas en galego.
Os primeiros foron os nenos e nenas de infantil que miraron unha serie de curtas, videos e cancións.
E despois do recreo fomos os de 1º, 2º e 3º.
Miramos seis curtas, coma o Soldadiño de Chumbo, O conto do sapo e o raposo, tamén, da páxina de EUFALO miramos un video dunha nena que se chama Xulia.
E acó vos queda unha das curtas que miramos:
A espía que xurdíu do fillo...

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 25-04-2010 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
O día do libro
O venres, celebramos tres cousas:
O aniversario de Melisa.
O día do libro.
E comezou o ciclo de curtas de cinema!!!

Como xa vos contamos, fixemos uns marcapáxinas
que intercambiamos cos nenos e nenas de 2º.
Tamén trouxemos o noso libro preferido,
e baixamos ó patio a compartilo, a miralo, a lelo.

Acó vos quedan unhas poucas fotos do venres:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 25-04-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Melisa

Este sábado foi o aniversario de Melisa,e celebrouno con nós o venres.

E o venres foi un día no que fixemos tantas tantas cousas...

Trouxonos unhas lambetadas , cantámoslle o aniversario, en castelán e en inglés, e ademais fixo unha coroa moi chula e foi axudante.


Acó vos queda unha foto de Melisa, que xa ten sete anos, aínda que está moi moi seria...
Parabéns Meli :)








COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-04-2010 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o día do libro

E hoxe fixemos uns marcapáxinas ben chulos!
Mañá imos a intercambialos entre nós e os nenos e nenas da clase de 2º.
Ademais imos traer o noso libro favorito , e sairemos ó patio a lelo,
a compartilo, a escoitar e mirar os libros preferidos dos demais...
Acó vos quedan os marcapáxinas tan chulos que fixemos,
cunha pequena mensaxe...

Bo día do libro.!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 22-04-2010 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
O ciclo de cinema
Mañá imos comezar cun ciclo de cinema en galego, organizado polo equipo de Normalización Lingüística e en colaboración co equipo das TIC`s
( máis concretamente de curtas) tanto de animación, coma debuxo, documental, etc etc etc...
Mañá tócalle primeiro ós e ás pequechas de infantil que van inaugurar o noso ciclo de cine.
E despois do recreo a nós , e máis os de 2º e os de 3º.
Os de 4º 5º e 6º tocaralles para a próxima semana.
A maioría das curtas e documentais que imos ver son de EU FALO.TV de FLOCOS.TV ( desta páxina xa vimos algún que outro video) e da Axencia audiovisual Galega
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 22-04-2010 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Puzzles

A semana pasada chegaron uns puzzles novos á clase, e son un pouco complicados, pero como xa case está rematando o curso, cun pouco de esforzo conseguimos facelos.
Hoxe quixemos tirarlles unha foto e subila ó blogue para que os poidades ver na casa.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 22-04-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
O venres veu un contacontos
O venres veu ó cole, un contacontos a contarnos unha historia sobre un león..
que facía moitas cousas e moito moito exercicio, pero que non quería cazar porque dicía que todos os animais eran os seus amigos...

Fomos os de infantil, nós e mais os de 2º de primaria.

Foi divertido
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 18-04-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
O RÍO TEA !!

Os "deberes" para hoxe eran: preguntar na casa como se chama o río
e regatos que "pasan" por Ponteareas
.

Xa sabemos como se chama o río que pasa por Ponteareas é o río TEA.
O rio Tea é un afluente do rio Miño.
Ten 50 kilometros de lonxitude mais ou menos...

Nace na Serra do Suido ( que fai fronteira entre provincias de Pontevedra e
Ourense)
No Tea pódense atopar lampreas, troitas, bogas, salmóns e ata nutrias...
E ás veces desbórdase.

(Escrito por Diego,Rubén, Enrique, Erik e Hugo)
COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-04-2010 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0