@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Verbos
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 20-03-2015 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Pai
Iste ano para celebrar o día do Pai, ademais de facer un pequeno e sinxelo agasallo. Decidimos mergullarnos un pouco nas tecnoloxías para facer unha felicitación un pouco distinta...

Asique as clases de 1º e de 2º decidimos facer cada unha un pequeno vídeo, sinxelo, exactamente iguais.

PARABÉNS PARA TODOS OS PAPÁS.


Acó vos queda o noso resultado:




E ademais fixemos un pequeno RAP ( coa aplicación gratuíta/de balde autorap que tanto nos gusta!!) cos nomes dos Papás da nosa clase.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 19-03-2015 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Eclipse 20 de marzo

   


 O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na  costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. De darse condicións meteorolóxicas favorables, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC alerta das debidas precaucións que hai que tomar ese día para observar o fenómeno.


A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada, e por Misión Eclipse. Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento.
( Podedes ler o artigo completo en G-CIENCIA )

Acó vos deixamos tamén da mesma páxina unha serie de mapas interactivos de como será a eclipse en Galicia.
Por outra banda é importante visionar o eclipse coas precaucións axeitadas... acó tedes 5 recomendacións básicas.
COMENTARIOS (0) - Categoría: UNIVERSO - Publicado o 17-03-2015 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
A táboa do 3.
Seguimos traballando coas táboas de multiplicar ,e tentando aprendelas dun xeito divertido.
Istes días estivemos coa do 3 e agora estamos comezando ca do catro.

Deixámosvos acó o RAP que fixemos da táboa do 3 coa APP AUTORAP

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 12-03-2015 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Movementos da terra...
Despois de traballar e aprender cousiñas sobre a terra , as súas capas.. e tamén sobre o tempo, as horas... os días... os meses... estamos traballando sobre qué da lugar ós días e ás noites.. e ás estacións do ano.

Istes días imos aprender algo máis sobre os movementos de Rotación
e Translación da Terra.

Acó vos deixamos dous vídeos explicativos sobre o tema que miramos o venres.



COMENTARIOS (0) - Categoría: UNIVERSO - Publicado o 08-03-2015 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0