@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Celebrando o día da ÁRBORE.
Debido ó mal tempo o propio día non puidemos celebralo.
Así o pasado venres, fixemos a nosa celebración do día da Árbore cos nenos e nenas do C.E.I.P Feliciano Barrera

Pasámolo moi moi moi ben, aprendemos cousas, prantamos árbores, e fixémolo en equipo. Foi un día moi interesante.
Acó quedan unhas pouquiñas fotos.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 30-03-2014 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
O venres foi o aniversario de Nicolás.


O venres Nicolás cumpriu 7 anos.

Celebrámolo con el na escola: cada un fíxolle un debuxo e ademais decorou a súa coroa.


Foi un día moi especial para Nicolás, e para todos e todas porque ademais fomos de excursión!!!!


Parabéns para Nico.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 30-03-2014 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
21 de marzo: día da Poesía.
O día 21 de marzo, entre outras cousas conmemórase o día da Poesía.
Como iste ano a temática é o mar, cada clase de primaria , en traballo cooperativo elaborou un poema relacionado co mar.

Iste é o poema que creamos na clase de primeiro ( pasouno a ordenador Nicolás)


O MAR.

O mar o temos que coidar.
Se non o coidamos, que vai pasar?
Todos iremos á deriva no mar.
E non poderemos nadar.

Non hai que botar
ó lixo no mar
porque os animais
temos que coidar.


Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos sobre o cambio climático.







COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 24-03-2014 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Día internacional da Muller: as mariscadoras
POEMA ADICADO AS MARISCADORAS:

CAMIÑAN descalzas polas rochas,

pantasmas de sal habitan as sombras,

saben que as últimas mareas

esqueceron na praia os restos do naufraxio.

As mulleres recollen cada noite

os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,

rebélanse contra a Historia,

constrúen co mar as estatuas

que nunca permanezan.

As mulleres de sal, con argazos de sombras,

xorden das últimas mareas

e tecen tesouros de auga cada noite

contra a Historia.

Elas, que saben que o efémero permanece.

Arden, ANA ROMANÍ





Iste ano para traballar o día Internacional da Muller cada ciclo elaborou un mural cunha temática relacionada co mar, así houbo sereas, redeiras, mariscadoras, nereidas.. mulleres relacionadas co mar.


No primeiro ciclo fixemos un mural adicado ás mariscadoras. Buscamos información sobre o seu traballo, as súas doenzas, o furtivismo, o marisco que recollen.. e falamos sobre o duro que é o seu traballo.

No blogue mariscadora en el Grove atopamos moitísima información moi interesante

Para nós as mariscadoras son as raíñas do mar:
Mariscadoras do Anllóns
Mariscadoras vixiando para evitar o furtivismo
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 10-03-2014 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido.
O pasado venres celebramos o desfile de Entroido no colexio, no que nos acompañaron as familias que puideron. E tamén acompañou a chuvia...

A temática sobre a que xiraba o entroido iste ano era o MAR.
Asique cada ciclo/clase buscou un disfraz relacionado co tema, dun xeito ben distinto.Así puidemos ver piratas, surfeiros, turistas, mariscadoras, capitáns pescanova, mariños etc...

Foi un día divertido e pasámolo moi ben, e ademais enchemos o bandullo coas sobremesas de entroido tan tan ricas que achegaron as familias.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos da nosa clase antes do desfile:



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 06-03-2014 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0