@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VACACIÓNS!

E despois de traballar un montón iste trimestre e coñecer un pouco máis a Kandinsky agora é o momento de descansar un pouco, xogar e divertirse..


Sen deixar de ler, claro!!



BOAS VACACIÓNS!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 23-03-2013 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe foi o aniversario de Vania.

Hoxe 21 de marzo conmemóranse moitas cousas.. o día internacional da poesía, o día internacional da natureza/floresta... o día internacional do Síndrome de Down, e tamén o día contra o racismo...

E a maioría das veces o 21 de marzo marca o comezo dunha nova estación:
a primavera. Aínda que iste ano comezou o DIA 20

E se fose pouco, ademais hoxe é o aniversario de Vania.
Celebrono con nós no colexio, fixémoslle un debuxo e
trouxonos un agasallo para cada un.

PARABÉNS VANIA!

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 21-03-2013 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos traballando a Kandinsky.

As nenas e nenos do 1º ciclo seguimos a traballar sobre Kandinsky,
desta volta fixemos unha creación comunitaria.

Cada un fixo un anaco desta obra de KANDINSKY

Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso de creación.






COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 21-03-2013 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Descubrindo a Kandinsky.
Estas dúas semanas previas ás vacacións, os nenos e nenas do primeiro ciclo estamos traballando conxuntamente sobre Kandinsky.. fixemos xa dúas sesións conxuntas, nas que vimos obras súas, e aprendimos un pouquiño sobre el..


E para a semana faremos as nosas propias creacións.. e tamén as nosas versións dalgunha das súas obras.

Acó vos queda un dos vídeos que miramos e que nos gustou moito.



E acó vos quedan unhas pouquiñas fotos .. nas que se ve o moito que traballamos.



Seguiremos informando...
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 17-03-2013 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O día 8 celebramos no colexio o Día Internacional da Muller cada ciclo preparou unha actividade distinta.. Podédelo ver neste artigo tan completo que hai no blogue do noso colexio.

O primeiro ciclo preparamos unha actividade na que tiñamos que falar dunha muller , da muller que consideramos máis importante, unha muller da nosa familia, importante para nós.. Explicar porqué o é e dicir como é ela.. Ademais de adxuntar unha foto ou debuxo...

E con todo ise material fixemos un MURAL ben chusquiño.

Ademais tamén pintamos uns debuxiños de MAFALDA porque sabemos que ela non soporta as inxustizas.. e que quere un mundo mellor.

E por último visionamos un vídeo sobre o conto de Rosa Caramelo que nos fixo pensar moito..

E escoitamos esta canción que as nenas e nenos de 2º xa case sabemos de memoria.

Artigo completísimo sobre o tema no blogue do cole.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 10-03-2013 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ó MARCO e obra de teatro.
O pasado martes día 5 os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión a VIGO.

Comezamos o día cunha obra de teatro nas dependencias de NOVACAIXAGALICIA

E despois de merendar adentrámonos na exposición BALEA NEGRA

A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra. ( texto tirado da páxina web do MARCO.)

A exposición encantounos, e estivemos atentísimas e atentísimos a todo o que nos explicaron as guías do museo.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 09-03-2013 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0