@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A HORA DO PLANETA
O pasado sábado celebrouse o que se deu en chamar " A HORA DO PLANETA".
Os deberes para o martes foron preguntar na casa, investigar ou buscar nalgún medio de comunicación: xa fose xornal, internet, televisión ou radio información sobre qué era iso da hora do planeta.
Os deberes viñeron moi ben feitos e entre outras moitas cousas quedámonos con:
-Que é un movemento que naceu en Australia, máis concretamente en SIDNEY no ano 2007

-Que é algo voluntario, e que está "apadriñado" por WWF acó máis coñecido por Adena.

-Que se celebra o último sábado do mes de marzo.

- Que vai no noso horario dende as oito e media ás nove e media, dura unha hora.

-Que tanto os particulares coma as empresas ou institucións apagan as luces ou electrodomésticos que consideren.

-Que é apagar as nosas luces para acender as do Planeta.

Temos que ser conscientes que o noso consumismo está acabando cos recursos do planeta, temos que ser responsables no consumo e utilización e sempre que estea na nosa man utilizar as 3 erres: reducir, reciclar e reutilizar.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 30-03-2011 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Onte fomos de excursión ó Teatro
Como xa vos contaramos, onte fomos ver a obra O forno de Flordelis, e gustounos moito , a case todos/as o que máis lles gustou foi o final...

Pero xa ó entrar quedamos impresionados, o teatro onde foi a representación segundo algúns: parecía o castelo de Cincenta!!!!!.

E despois da magnífica actuación baixamos ata un parque que estaba ó lado para merendar e xogar un pouco.
Pasámolo xenial !!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 26-03-2011 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá imos de excursión!
Imos ir ata Vigo a ver unha obra teatral que se titula o FORNO DE FLORDELIS.

Da compañía galega Elefanteelegante

Hoxe estivemos falando sobre a temática da que vai tratar a obra: consumo responsable, granxas ecolóxicas, traballo cooperativo...
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 24-03-2011 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
21 de Marzo
O luns celebramos tres cousas:
-A chegada da Primavera.
-O día da árbore.
-O día internacional da Poesía.

Fixemos unha pequena flor cun pequeno poema...
Acó vos queda un video coa Primavera de Vivaldi e ilustrado con cadros de Van Gogh



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 22-03-2011 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Raul
O pasado día 15 foi o aniversario de Raul.


Turrámoslle das orellas, cantámoslle en castelán, galego e inglés...


E trouxonos un agasallo para cada un de nós.

Parabéns para Raul!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 22-03-2011 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Xogamos ó Preguntoiro
Estes días estamos xogando por equipos a este xogo tan chulo , e a verdade é que na sección de lingua facémolo bastante ben. Outras quizais son demasiado complexos.

Acó vos queda o link para xogar ó Preguntoiro , por se queredes practicar na casa...
COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-03-2011 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
O ciclo da auga
Estes días estamos traballando sobre o Ciclo da Auga. Aínda que xa o miramos o ano pasado, sempre está ben recordar o que xa sabíamos..

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 14-03-2011 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos

Hoxe estivemos dando unha voltiña polo blogue do profe Ramón, Unha presada de ollomaos e estivemos xogando con algúns dos links que ten no seu blogue.
Os que máis nos gustaron foron o de:
Xogar coa area e xa sabedes, para cambiar de cor, premer no C.

Xogar coas constelacións

Imitar a Pollock

Pero o que máis o que máis sen dúbida, foi o de bailar imitando a ELMO e fixémolo moi beeeeeeeeen
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 10-03-2011 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0