@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESTAMOS DE VACACIÓNS...
Pois iso, o que din os Bolechas, de Pepe Carreiro.
Estamos de Vacacións ata o próximo MARTES 6 DE ABRIL.

Agora toca descansar, xogar, pasalo ben e traballar un pouquiño.

BOAS VACACIÓNS!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 27-03-2010 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os ovos de Pascua...

Esta semana coa teacher Nuria fixemos unha postal de Pascua,
e decorámola con ovos,
que son típicos destas datas.
Hoxe na clase estivemos falando tamén das "Monas de Pascua" e da tradición que hai nalgúns países de decorar , esconder e agasallar os Ovos de Pascua.

Miramos un video que explicaba como se fan eses oviños tan ricos e logo a profe escondeu pola clase uns oviños e uns coelliños de chocolate e tivemos que atopalos, para comelos despois.
E que ricos que estaban !!!.
Acó vos queda unha foto ,de antes de papalos claro!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-03-2010 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe vimos un video.
Hoxe vimos unha curta de animación, das que hai na web de FLOCOS titulada:
A escola das Areas

Acó vos queda por se lle queredes botar un ollo:
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-03-2010 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE VEU Á NOSA CLASE MARÍA...

HOXE VEU MIÑA NAI Ó COLE A EXPLICARNOS
COMO LAVAR AS PRENDAS DE ROUPA
E OS TIPOS DE LIMPEZA,E PORQUE ALGÚNS
SON MÁIS CONTAMINANTES CA OUTROS.
E TAMÉN NOS FALOU DAS ETIQUETAS.
EU SON CRISTIAN.

(Nesta foto a mamá de Cristian, que traballa nunha lavandeiría e sabe
moito do tema, con todos nós. Graciñas por vir)
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 18-03-2010 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Onte fomos de excursión

Onte os nenos e nenas de 4, 5 anos, nós e os de 2º fomos de Excursión a Vigo...
Primeiro fomos ó teatro a ver a obra do Gato Manchado.
Despois fomos ata a praia de Samil a comer a merenda, e xogar moito moito moito no parque.
E despois baixamos ata a area da praia para xogar outro pouco coa area e
mirar un anaco o mar...
Pasámolo moi ben.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 18-03-2010 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
O luns foi o aniversario de RAUL


O luns foi o aniversario de RAUL.



Trouxo un agasallo para nós, cantámoslle
e démoslle os parabéns e moitos tiróns
de orellas.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 18-03-2010 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Imos ir ó teatro.
O próximo mércores imos ir ata Vigo a ver unha obra de teatro
titulada "EL GATO MANCHADO".
Dentro das actividades educativas
que organiza CAIXANOVA.

Acó vos queda un artigo do FARO DE VIGO
no que falan desta actuación.
A foto tamén é deste xornal.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 15-03-2010 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Falando de árbores...

Pois por algo será que lle chaman ó noso cole Santiago de Oliveira...

O outro día saímos ó patio a buscar a Oliveira.. e.. atopámola...
e fixemos unha foto diante.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 11-03-2010 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0