Na clase de TERCEIRO seguimos traballando a Urbano Lugrís.
Desta volta, e xa "mergullados" no seu MAR particular estamos traballando o seu cadro titulado MARIÑA SURREALISTA.
Fonte: "Museo de Belas Artes da Coruña"
É quizais un dos cadros máis representativos e icónicos de Lugrís: onde aparece unha serea e tamén unha buguina. E podemos observar que Urbano firma as súas obras acompañadas dunha áncora.
Hoxe falamos do cadro, observámolo, demos a nosa opinión e fixemos a nosa versión de cores da propia obra.
Por outra banda tamén descubrimos que a poeta e escritora galega Yolanda Castaño, e como actividade xestionada polo Museo de Belas Artes da Coruña, escribiu un conto infantil co mesmo título do cadro e baseado no mesmo.
Miramos este "prezi" sobre o conto que nos gustou moito , elaborado por Ramón París Lago sobre o mesmo, e encantounos!!!!
Acó vos quedan unhas poucas fotos do noso momento creativo :
O pasado martes conmemoramos o "Día internacional da PAZ e a non violencia".
Ó final da mañá fixemos un acto simbólico no patio. Aquí vos queda un vídeo sobre a actividade:
Ademais na clase de 3º, e xa que estamos co proxecto MUNDO DE CORES ,
traballamos unha das obras de Keith Haring de xeito cooperativo.
Ademais de ver parte das súas creaccións, e ver que coma Urbano Lugrís tamén fixo moitos murais.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos da nosa obra final:
Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís.
Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que:
-Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos)
- Foi pintor, pero tamén escritor e poeta.
- Era coñecido coma o "pintor do mar"
O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas)
Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano...
E fixemos unha colaxe con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención.