@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

25 de abril: preparando o entroido.
Seguimos coa proposta de Olirei dunha viaxe polo mundo.
Desta volta estamos preparando o ENTROIDO. Cada clase vaise disfrazar de algo representativo do país sobre o que está traballando.

E nós imos ir caracterizados de "Homens da Luta", coa canción que presentou Portugal no festival de Eurovisión no 2011, A LUTA É ALEGRÍA.

Para entender un pouco mellor a indumentaria deste grupo musical composto maioritariamente por actores. Tivemos que profundizar no porqué dos caraveis ( ou cravos ) que levan, as pancartas e as consignas.

Para iso vimos este vídeo que explica que foi iso da "Revolução dos Cravos".



Unha vez entendido o significado deses caraveis, e da roupa que levan que parece antiga... ( alá polo 1974) puxémonos a preparar os nosos disfraces...



Vestimenta tradicional de Portugal
Grândola, Vila Morena
25 ABRIL.ORG
COMENTARIOS (0) - Categoría: Viaxe polo Mundo - Publicado o 08-02-2017 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
As plantas
Nestas últimas semanas estivemos aprendendo e repasando as cousas que sabiamos sobre as plantas.

Recordamos as partes das plantas, os tipos que podemos atopar, falamos das formas das follas, das árbores, tamén se son de folla caduca ou perenne, aprendemos vocabulario e cousas novas , recordamos outras que xa sabíamos.
Froitas, verduras, hortalizas, que obtemos das prantas, o importantes que son para a nosa vida e moitas cousas máis.

Xogo lim sobre as plantas
Symbaloo sobre hortalizas, froitas e verduras.
Xogo Lim sobre as plantas.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 08-02-2017 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0