Istes días estamos aprendendo algunhas cousas sobre os animais, aínda que xa sabíamos un montón!!
Segundo se alimentan, sabemos que poden ser herbívoros, carnívoros ou omnívoros.
Tamén sabemos que se poden clasificar segundo se reproducen: se nacen dun ovo ou do corpo das súas nais.
Tamén sabemos que hai animais
salvaxes e domésticos.
E quizáis o que máis nos está costando é un pouco diferenciar entre vertebrados e invertebrados... pero temos moi claras as características principais dos
mamíferos.
Estivemos practicando o que xa sabíamos e mais o que aprendemos con xogos LIM. Como por exemplo iste
LIM sobre animais que é moi completo e explicativo.