Istes días estamos aprendendo algunhas cousiñas sobre a AUGA.
Temos claro que podemos atopala en 3 estados, que é insabora, incolora e non ule...
E xa temos dominado o ciclo da auga.
Tamén aprendemos algunhas cousiñas sobre a atmosfera. E utilizamos a metáfora dun paraugas invisible para nós e que nos protexe do Sol, pero claro a contaminación fai buraquiños nise paraugas.
E por último repasamos un pouco o visto nos últimos días, as capas da terra.
Hoxe 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que naceu o 24 de febreiro do ano 1837.
É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
(Galipedia)
Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán.
( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)
Istes días estamos traballando sobre as Oracións e as Frases, centrándonos especialmente no verbo.
Sabemos que unha frase non ten forma verbal pero unha oración si.
Miramos algúns vídeos explicativos sobre o tema.
A semana pasada estivemos recibindo as ordes do MECO todos os días, para que ó final o venres o noso disfraz quedase deste xeito...
Foi unha semana distinta, e divertida na que nos rimos e traballamos algunhas cousiñas relacionadas co entroido en Galicia: o máis antigo, o que máis dura etc etc etc...
Á volta das vacacións estivemos facendo algunhas tarefas cunha tablet que lle prestaron á profe, unha delas foi utilizar a APP ThingLink , aplicación de balde e que ten soporte tanto en ordenador coma en móbil.
Hoxe estivemos repasando un pouco o que sabíamos sobre as horas, minutos, segundos e o reloxo.
A verdade é que é moi complicado entender iso de e cuarto, e media, menos cuarto.. en punto.. analóxico e dixital
Despois miramos uns vídeos moi interesantes sobre o tema.
E concluímos:
-Un día ten 24 horas ( Yago C.)
-Un minuto ten 60 segundos ( Claudia)
- O reloxo ten: en punto, e cuarto, e media e menos cuarto ( Nerea) e cada unha das partes é de 15 minutos, xuntas suman unha hora ( Ari)
-Unha hora ten 60 minutos. ( Nico)
-Un día non ten 60 horas, ten 24 ( Zaira)
- O reloxo é moi importante para saber/aprender as horas ( Paula)
-Hai reloxos antigos ( de sol, de agullas) e tamén dixitais ( Noelia)
-Os meses do ano son 12, febreiro é un mes especial ( Zoe)
E moitas outras cousas sobre o tempo, minutos, segundos horas, meses do ano, o tempo, as horas...
Deixámosvos os links ós dous vídeos que miramos porque son moi interesantes:
O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.
En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
O pasado día 2 de febreiro, Noemi cumpriu 9 anos.
Celebrouno con nós na aula, cantámoslle, fixémoslle un debuxiño e ela pintou a súa coroa.
Ademais trouxo un pequeno agasallo para nós.