@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aniversario de Mathías

Hoxe ademais de celebrar o Día de Rosalía tamén celebramos o aniversario de Mathías. Moitos parabéns!!!!

Fixémoslle un debuxiño e decorou a súa coroa. Ademáis trouxo un biscoito que estaba riquísimo e un agasallo para cada un.

Moitas grazas Mathías, e moitos parabéns para ti !!! Que xa tes 7 anos...

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 24-02-2014 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro: Día de Rosalía.
Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro porque naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1885.


É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
(Galipedia)

Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán.
( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)


Hoxe escoitamos un dos seus coñecidos poemas musicado por Amancio Prada:



Pero quizáis o que máis nos gustou foi o vídeo de Rosalía Pequeniña

COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 24-02-2014 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Elección do Rei e da Raíña do Entroido.
O pasado venres seleccionouse mediante sorteo ó Rei e á Raíña do Entroido.
Eles serán os encargados de transmitirnos as "ordes" do Meco, durante ista semana.
O primeiro mandado é: traer gravata o luns...

Acó vos quedan unhas poucas fotos...

Parabéns para Iago, da nosa clase que foi elexido o Rei!

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 24-02-2014 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
As plantas .
Ainda que xa sabíamos moitas cousas sobre as plantas. E especialmente das súas partes, estivemos indagando un pouquiño máis...

Falamos das árbores de folla caduca, e perenne, e aprendemos un termo novo : a fotosíntesis .

Quedounos claro que as prantas precisan luz do sol e alimento para que se produza, e ademais é moi importante para nós xa que as plantas xeran osíxeno que é fundamental para a nosa vida.
Por iso é tan importante que coidemos a natureza e tentemos reciclar ó máximo posible.


E falando da importancia de coidar as plantas, e da reciclaxe, miramos un lipdub elaborado no CEIP Coirón-Dena titulado "Como producir menos lixo" que nos gustou moitísimo. Inspirado nun conto dos bolechas.


Acó vos queda, agardamos que o desfrutedes tanto coma nós:


Conto: un jazmín en mi jardín.
A fotosíntesis segundo a Practicopedia
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 14-02-2014 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
Día da PAZ

O xoves conmemoramos o día da Paz no colexio.

Cada aula traballou a nivel invidividual sobre a figura de Nelson Mandela

Ademais entre todas as aulas fixemos una representación simbólica na árbore da convivencia.

No primeiro ciclo miramos a película Kirikú y la Bruja

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 02-02-2014 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0