@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alborada para Rosalía

Onte 24 de febreiro conmemorouse os 176 anos do nacemento da grande poetisa galega Rosalía de Castro.

Ademais iste ano conmemoranse os 150 anos da publicación da súa obra Cantares Gallegos.

Onte ó longo da nosa xeografía soaron moitas alboradas para conmemorar o seu nacemento, acó vos deixamos 3 exemplos delas:





Artigo relacionado
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2013 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os insectos
Estivemos traballando os animais, aínda que como temos moi boa memoria recordabamos moitas das cousas das que aprendimos o ano pasado, agora estamos ampliando un pouco máis...

Istes días estamos traballando un pouco os insectos.. E a grande variedade que existe..

Para reforzar esta aprendizaxe tamén miramos algúns vídeos curtiños que nos gustaron moito, da serie francesa de animación MINUSCULE: la vida privada de los insectos


Gústannos moito porque son moi divertidas. Acó vos quedan algunhas das que miramos:





Canle de Minuscule en youtube
Un artigo sobre a serie Minuscule
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 21-02-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Deixade paso ós soñador@s.
Non mandedes, por favor,
á lúa un xeneral,
montaría alí un cuartel
con trompeta e oficial.

Non mandedes un banqueiro
ó satélite prateado,
meteríao en caixa forte
como diñeiro aforrado.

Non mandedes un ministro
de séquito empiriquitado,
enchería con pancartas
os cráteres do astro axeitado.

Ha ser un poeta
o que á lúa se achegue
pois adoita alí pousar a testa
para que deste mundo sosegue...

A soñar fermosos soños
está ben acostumado,
sabe esperar o imposible
mesmo estando desesperado.

Pois que os soños e a esperanza
se volven reais como as flores,
tanto na Lúa como na Terra
deixade paso ós SOÑADOR@S !

(Rodari)
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-02-2013 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0