@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Imos ir de excursión.

O próximo martes dia 6 de marzo imos ir ata Vigo ó centro Cultural de Caixanova, a ver un concerto didáctico específico para o 1º ciclo.
Titulada " A pantasma do palco"

A pantasma do palco é un espectáculo musical e teatral que conta como cinco amig@s buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta.
Mandoeu, Clarinazas, Ksiosei, MariChimpúm e Frautarina forman parte dunha banda de música e son en todo momento os protagonistas das historias que suceden.

Así, deciden probar sorte no xardín dun pazo abandonado nos arredores da vila. Alí saben que hai un palco de música ao que ninguén foi dende hai moito, moito tempo... porque, malia que está deshabitado, ás veces vense sombras e escóitanse fermosas melodías...


Que ben o imos pasar!!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 29-02-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Celebrando o entroido no colexio.

Onte fixemos unha festa do Entroido no colexio.
Xogamos, desfilamos por aulas e as profes tamén e despois a tan agardada chocolatada con rosquillas.
Que rico estaba todo!

E despois xogamos , xogamos , e bailamos moito.

Que viva o entroido!!!.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 18-02-2012 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido
O venres imos facer unha pequena festa de Entroido no colexio.
Estes días estamos investigando sobre algunhas das celebracións do entroido máis antigas e populares de Galicia: Pantallas, Cigarróns, Peliqueiros, Máscaras, madamitas...

E miramos algúns vídeos relacionados coma estes:

MÁSCARAS DE MANZANEDA:



PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA:





PELIQUEIROS DE LAZA:



CIGARRÓNS DE VERÍN:



MADAMITAS DE OURENSE:





ENTROIDO RIBEIRAO:



MADAMAS DE VILABOA:
COMENTARIOS (1) - Categoría: Festas - Publicado o 16-02-2012 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
O Visgo Máxico
Hoxe nos caderniños do Proxecto Terra que estamos facendo na área de Coñecemento do Medio, estivemos observando as diferenzas entre as cousas materiais ou lugares erosionados pola natureza e tamén polas cousas nas que se nota que as persoas interveñen: estradas,camiños, viñas, hortas, cidades, vilas, etc...

E traballando sobre isto apareceu unha foto dunhas ruínas ó lado do mar, que non sabíamos o que eran. Despois de investigar eso do CASTRO DE BAROÑA entendimos un pouco máis o que eran iso dos Castros e dos Castrexos.

Falamos dos Barbanzós que vivían no Castro de Baroña.

Pero sobre todo miramos este vídeo titulado o O VISGO MÁXICO acó vos queda o link por se o queredes mirar.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 14-02-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
San Valentín.
Hoxe, 14 de febreiro, celébrase San Valentín, máis coñecido coma o "día dos namorados".

En Galicia celébrase tamén o día da CANDELORIA, o día 2 de febreiro, o día no que "casan os paxariños".

Máis aló dun día comercial, potenciador do consumismo e propagandístico, hoxe conmemorando "San Valentín" fixemos un corazón vermello de autocolante e pegámolo do lado do corazón, que todos sabemos que é o esquerdo.

Tamén falamos do importante que é querer, agarimar, aloumiñar e coidar a quen nos quere : amigos e familia.

E ademais coa profe de ED. Física, Patricia, tomamos as pulsacións e fumos conscientes dos latidos do noso corazón e do seu ritmo segundo esteamos en repouso ou despois de facer exercicio.

Bo día.

A candeloria noutros lares.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 14-02-2012 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Bibilioteca

O pasado venres comezou o empréstito da biblioteca , os libros collerémolos de venres a venres ( non sendo un libro que sexa moi extenso entón temos ata 15 días) hai que tratar os libros con coidado, devolvelos nas mesmas condicións nas que os levamos...


A partir de agora, ademais da MOCHILA VIAXEIRA podemos desfrutar dos libros da biblioteca.

BOA LECTURA!.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-02-2012 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Animais

Hoxe demos por finalizado o traballo destas semanas sobre os animais. Vimos documentais, xogamos, fixemos fichas, traballiños para a casa, pintamos...
E centrámonos especialmente en diferenciar ós animais segundo son salvaxes ou domésticos, segundo se reproducen ou segundo o que comen.

Acó vos queda unha foto coas cousas que trouxemos da casa para compartir cos demais, mirar, ler e xogar , todas elas relacionadas cos animais.

E para a próxima semana, comezaremos a traballar sobre as prantas.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 10-02-2012 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
A RATIÑA LOLA

A ratiña Lola é un xogo que nos gusta moito,moito! aínda que é para nenos e nenas de infantil, nós tamén queremos que nos pregunte como estamos e cantar a canción de fin de actividade.
Acó vos queda un link para que poidades xogar á RATIÑA LOLA .
COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 09-02-2012 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0