Estes días estamos traballando os animais.. a natureza, tamèn falamos aí atrás de asociacións que se adican ó coidado da Natureza.
Falamos entre elas de Adega, esta asociación galega , en colaboración con outros colectivos reivindica a consideracion do Monte Pindo como Parque Natural.
Hoxe imos falar un pouco do proxecto de converter o Monte Pindo en Parque Natural.
O Monte Pindo é un macizo gránítico que se eleva dende a beira do mar até os 627 metros de altitude que está situado maioritariamente no Concello de Carnota e máis no Concello de Mazaricos.
Debido ás súas especiais características xeolóxicas, numerosas especies de fauna e flora
protexida desenvólvense nun pequeno espazo de 5 km2 (Unhas 500 ha).
Debido ao pedregoso do terreo apenas se explotan algunhas pequenas parcelas forestais na parte baixa do monte facendo que a parte alta estea por completo inexplotada e constitúe un candidato excepcional para formar parte dun Parque Natural que protexa o patrimonio natural e axude a promover o turismo sostible. As características turísticas do espazo natural son excepcionais.
Actualmente Monte Pindo forma parte da Rede Natura.
Despois de estar traballando durante toda a semana o tema da Paz, o venres foi a culminación.
Colocamos as nosas camisolas coas do resto do cole no tendal que puxemos na entrada.
E despois do recreo saímos ó patio a xogar a un montón de xogos cooperativos,o paracaídas, os xornais cooperativos, o aro.. Xogamos cos nenos e nenas de 1º.
O último xogo foi o xogo das apertas ó ritmo da música.
Despois o alumnado de 6º leu un manifesto para a Paz.