@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O REI E A RAÍÑA DO ENTROIDO
O pasado venres fomos todos e todas disfrazados ó cole, iamos facer a escolla do Rei e da Raíña do entroido, cada un de nós subiu ó escenario e explicou de que ía disfrazado e como se chamaba, despois mediante sorteo saíron elexidos o rei e a raíña.
A raíña foi Rosi e o Rei, para sorpresa de todos nós, Alejandro! da nosa clase.
E o venres o rei e a raíña deron o seu primeiro "mandadiño", hoxe tiñamos que ir as rapazas cunha gorra e os rapaces cunha diadema.
E para mañá todos e todas temos que ir en pixama!!!

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 28-02-2011 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Gabriel o Pensador
Seguimos escoitando Rap, desta volta a Gabriel o Pensador un rapeiro moi coñecido no Brasil.
As súas letras están cheas de crítica social e moral.
Nesta canción conta coa colaboración da cantante brasileira Adriana Calcanhotto

Estás a ver é unha canción moi crítica pero a un tempo cunha mensaxe moi positivista.

Acó vos queda a LETRA DA CANCIÓN en portugués e en castelán.

"Nossa vida é feita de pequenos nadas"

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 23-02-2011 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos escoitando Rap
Escoitamos rap/hip hop está claro que nos gusta ese ritmo.
Onte vimos este vídeo que nos gustou moito, titúlase GOOD MORNING.
Ás veces un día pode comezar moi mal, e rematar do mellor xeito posible..
Acó vos queda:


Este vídeo foi elaborado e dirixido por Takashi Murakami un artista gráfico e contemporáneo xaponés moi influínte que espuxo a súa obra en museos como o Guggenheim de Bilbao
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 23-02-2011 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o Entroido
Coma sempre no Entroido, imos participar cos outros colexios de Ponteareas nun desfile, este ano a temática que se elexiu no colexio é o das TRIBUS URBANAS.

Así cada ciclo disfrazarase dunha tribu urbana,@s do primeiro ciclo iremos disfrazados/as de Rapeir@s...

Para a semana argallaremos o noso disfraz, e tamén miraremos un pouco que é iso do rap... e sobre todo os grupos galegos que fan este tipo de música.
Normalmente de queixa ou protesta social , inconformidade ante a sociedade na que vivimos...

O exemplo máis similar que temos na nosa cultura son as REGUEIFAS que son pequenas discusión rimadas entre dúas persoas, totalmente improvisadas.

Hoxe escoitamos o Rap da Lingua de Migallas e unha canción que o galego fillo de emigrantes, residente en Suiza, Gran Purismo lle adicou á aldea dos seus pais Pardeconde.

Acó vos queda unha versión dun poema de Celso Emilio Ferreiro que fixo o grupo galego "Dios ke te Crew"


Acó vos queda unha canción das que escoitamos, "Pardeconde" canción que Gran Purismo , rapeiro e fillo de emigrantes galegos, vive en Suíza, adicou esta canción á aldea do seu pai. E os seus recordos de adolescencia.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 18-02-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe xogamos moito
Viñeron unhas rapazas da ludoteca de Ponteareas que fixeron con nós un montón de xogos divertidiísimos.
Pasámolo xenial. !!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 18-02-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Fomos ó salón do libro de Pontevedra
Pois si, hoxe foi o día,miramos as exposicións, entramos en estranas salas con moitas escadas, e con persoaxes mentireiras. Trampantollos, xogos de espellos...
Tamén miramos moitos moitos moitos contos e ó final veu Orbil a saudarnos.
Acó vos quedan algunhas imaxes de hoxe.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 15-02-2011 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá imos de excursión
Imos ó Salón do Libro que se celebra en Pontevedra.
Imos ir as clases de 1º, 2º e 3º.

O tema sobre o que xira o Salón do Libro deste ano é a MENTIRA.

Imos ver un montón de cousas relacionadas cos libros, e co tema deste ano, ademais andará por alí Órbil que é a mascota do Salón.

Que ben o imos pasar!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 14-02-2011 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Imos facer un conto viaxeiro !!!

Estes días estivemos pintando unha estreliña durmiñona , e escollemos o título para o noso conto: A ESTRELA POLAR.

Ademais entre todos/as pensamos o comezo da nosa historia,despois de darlle moitas voltas, decidimos comezar explicando que a protagonista, é unha estreliña polar á que lle gusta moito durmir, pero que lle ten moito medo á escuridade.

Cada semana un de nós levará o conto para a casa e terá que escribir un anaco máis da nosa historia e facer un debuxo para ilustralo.

Seguro que cun pouco de imaxinación e a axuda das familias vai a sair unha historia fantástica!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 10-02-2011 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0