|
|
|
O inverno |
|
 O pasado venres desfilamos por Ponteareas, cada un dos ciclos ía dunha das estacións do ano.
A nós tocounos o INVERNO.
A que iamos ben guap@s !!!!!!!!!!!!! |
|
|
|
Preparando o entroido. |
|
Partindo dunha idea do equipo das TICs , e coa participación de todo co cole.
Fixemos este pequeno video presentación, para que adiviñedes de que nos imos disfrazar...
|
|
|
|
Elección do rei e da raiña do Entroido |
|
O vernes fixemos no cole a elección do Rei e da Raíña do Entroido do noso cole.
QUe serán os que nos dean as "ordes" de como temos que ir vestidos durante a semana...
Como os disfraces eran tan bos e tan orixinal, e era tan complexo decidir, fixemos un sorteo.
Cada neno e nena puxo o seu nome nunha caixiña e logo dúas mans "inocentes" escolleron o nome dos gañadores. Ademais de dous "conselleiros " de Ed. Infantil e unha "Asesora" elexida entre as profes...
Acó vos queda unha pequena presentación de como iamos nós.
|
|
|
|
O día da paz |
|
O ultimo venres do mes de xaneiro celebramos o día da Paz no colexio.
E a nivel de aula quedámonos cunha frase que dixo un "tal" Gandhi:
Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño
Acó tedes unhas poucas fotos, sobre a actividade que se fixo no cole, primeiro trocamos armas en árbores e despois saimos ó patio a cantar unha canción.
|
|
|
|