@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vídeo de felicitación de Nadal.
Dende o equipo das TICs do colexio elaboraron este vídeo tan fermoso, coas cousiñas que fixemos para o Nadal, ademais de recoller tamén os premiados no concurso de Relato curto proposto dende a biblioteca.

Acó vos queda o vídeo.

O artigo no blogue do colexio.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 23-12-2012 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL



Hoxe foi un día moi emocionante e cheo de nervios!!!!
Hoxe celebramos o festival de Nadal, no que todos e todas o fixeron mellor que ben!!!!!.


Chega o momento das vacacións,a descansar e a desfrutar en familia destas datas.


E vémonos o martes 8 de xaneiro.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2012 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe tivemos visita

Hoxe tivemos unha visita moi especial...


E mañá festival de Nadal
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 20-12-2012 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe imos á radio do cole.
Novamente imos á radio do cole, hoxe tamén imos falar de música, dun grupo musical portugués chamado
DEOLINDA

O proxecto musical xurdiu en 2006, cando os irmáns Pedro da Silva Martins e Luís José Martins (ex-Bicho de 7 Cabeças) convidaron a súa curmá, Ana Bacalhau, entón vocalista dos Lupanar, para cantar catro cancións que escribiran. Entón, decatáronse de que a voz de Ana se adecuaba á perfección ás rimas e melodías que crearan, e convidaron tamén a José Pedro Leitão, contrabaixista dos Lupanar (actual marido de Ana Bacalhau), para se xuntar a eles tres, nacendo así os Deolinda..

De todas as cancións de Deolinda hai dúas que nos gustan especialmente




Que nos parece unha melodía triste e tranquila, un fado ó seu xeito.

E a máis marchosa de todas, que nos gusta moito :



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 13-12-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Onte foi o aniversario de Carmen.

Onte Carmen cumpriu sete anos.

Fixémoslle un debuxo, cantámoslle e pasámolo moi ben.
E celebrounos con nós na clase, trouxo unha torta riquisima riquisima, e ademais un agasallo para cada un de nós. Moitas Grazas Carmen.

Acó vos queda unha foto.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 06-12-2012 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Vicky celebrou o seu aniversario con nós.

Hoxe foi un día de festa, Vicky celebrou con nós os seus recén estreados sete anos!!!

Fixémoslle un debuxo, cantámoslle, tirámoslle das orellas, e pasámolo moi moi ben .

Ademais trouxo un biscoito que estaba riquísimo e un agasallo para cada un de nós , moitas grazas Vicky!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 03-12-2012 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
O noso corpo...
Anteriormente estivemos aprendendo cousas novas sobre o noso corpo, primeiro falamos do esquelete, e dalgúns dos ósos máis importantes que o compoñen, tamén falamos dalgúns músculos.. das extremidades e sobre todo ampliando o noso vocabulario en galego relacionado con iste tema.

Agora, ímonos centrar en tres "aparatos" do noso corpo:

- Respiratorio.
- Circulatorio.
- Dixestivo.


O xoves estivemos falando do que xa coñecíamos, e vimos estes dous vídeos relacionados coa respiración e cómo o noso corpo utiliza o osíxeno e o importante que é respirar correctamente:




COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 01-12-2012 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0