@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa de Nadal.
Hoxe tivemos unha festa de Nadal na que participamos todos e todas.
As clases de 1º e 2º fixemos unha actuación conxunta de recitado de poemiñas.

Acó vos queda unha foto dos xardineir@s que mellor riman de todo Ponteareas antes da súa magnífica actuación

Nota: fixérono mellor que ben, tanto na actuación e recitación de poemas coma coas cancións.

Parabéns !

E agora a desfrutar das vacacións



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-12-2011 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
A clase de 1º deséxavos BO NADAL

O 1º trimestre chega ó seu fin.
E agora é tempo de descansar despois de traballar tanto .

Boas festas.





COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 21-12-2011 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe tivemos unha visita Real.

Hoxe viñeron ó noso cole dous Paxes Reais enviados polas súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, para recoller as cartas que lles escribimos , cos agasallos que lles pedimos este ano.

Ademais trouxéronnos un agasallo moi doce.

Canta emoción!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 20-12-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
A videoconferencia con Papá Noel
Acó vos quedan unhas poquiñas fotos da videoconferencia que tivemos onte na aula CEMIT de Ponteareas.
Canta emoción !!! E cantos nervios, a máis dun e dunha doíalle un pouco a barrigola.
Fotos dos nenos e nenas de 5 anos, de 1º e de 2º

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 16-12-2011 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
E mañá imos de excursión.

Que emoción que emoción, mañá imos ir á AULA CEMIT DE PONTEAREAS e teremos unha videoconferencia con Papá Nöel.
O alumnado de Infantil e 1º ciclo desfrutará da videoconferencia.

Acó vos queda o link á presentación que fixeron dende ED. Infantil para a actividade de mañá. ( dádelle ó "play")


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 14-12-2011 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Finalizamos o noso proxecto sobre Haring.
Hoxe demos por rematado o noso miniproxecto sobre o artista estadounidense K. Haring.

Recopilamos todas as nosas obras da exposición que tiñamos na aula, ademais de xuntalas coas nosas Haring-historias e con todo iso fixemos o noso libriño de arte de Haring.

A nosa cortiza quedou baleira, agora as creacións que fixemos este trimestre están na casa de cada un e cada unha.
Acó vos queda unha foto posando cos libriños de Haring.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-12-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o Nadal

Acó vos queda un link a un LIM que fixo a profe Belén Junquera sobre o Nadal.E ó que estivemos xogando hoxe en clase, pero non nos deu tempo de rematalo.
LIM SOBRE O NADAL

E ademais hoxe comezamos a decorar un pouquiño a nosa clase e tamén a biblioteca do cole. Andivemos toda a mañá entre pinceis!!!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 09-12-2011 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o aniversario de Carmen.

Hoxe a máis pequena da nosa aula, Carmen cumpriu 6 anos, asique agora todos e todas teñen xa seis anos!!! .
Trouxo unha tarta de Mickey Mouse que nos dixo que fixo coa súa nai, que estaba moi moi boa.

Pintou a súa coroa e cada un fíxolle un debuxiño.
E trouxonos un agasallo para tod@s.
Parabéns Carmen e a desfrutar do teu día !


COMENTARIOS (1) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 05-12-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0