@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 2º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!








Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Felicitación de Nadal
Acó vos queda a felicitación de Nadal conxunta na que participamos todos/as os nenos/as do colexio, foi unha proposta do equipo das T.I.C.
Cada ciclo tiña un anaco dunha canción popular galega pra versionar, e este é o resultado.
Agardamos que vos guste tanto coma a nós facelo.
E mañá, o festival de Nadal.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-12-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador!!
Si, o ano pasado xa falaramos del , e este ano imos a traballalo un pouco tamén.

Buscando buscando un pouco pola rede atopamos moitos centros galegos que están a recuperar esta figura.

E acó vos quedan un par de cousiñas que estivemos mirando:
O CONTO DO APALPADOR

E un LIM de actividades sobre o APALPADOR



Aí vén o Apalpador!

Vaite logo meu meniño/a
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-12-2010 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
E alguén se lembrará de quen é esta persoaxe?
O ano pasado falamos un pouco del , da súa orixe, tradición, de que agasallaba... E alguén se lembrará de quen era?

Agardo que si, pero por se acaso,
para a semana imos refrescar a nosa memoria.


Boa fin de semana!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 10-12-2010 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe fomos ó teatro!!
Ou máis ben o teatro veu a nós.. ata Oliveira, e puidemos disfrutar coas familias da representación da obra TITIRICIRCUS a cargo da compañía TANXARINA TEATRO.
Gustounos moitíiiiismo.

E por certo, non vos resulta familiar a melodía?

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 09-12-2010 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos traballando o corpo humano
Seguimos traballando o corpo humano, e onte e hoxe miramos algúns videos dunha serie que botaban hai moitos anos titulada : LA VIDA ES ASÍ..

Miramos o capítulo adicado ós ósos e tamén o adicado á circulación sanguínea, deixámosvos acó un dos videos que miramos.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 03-12-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal