|
|
|
BO NADAL. |
|
 O festival de hoxe estivo estupendo.
Todos os nenos e nenas que participaron o fixeron moi moi moi ben.
E agora queda descansar, e xogar moito e pasalo ben, que ben merecido está.
Ata o 11 de xaneiro.
Feliz Ano e Bo Nadal.
|
|
|
|
O Apalpador |
|
Hoxe, estivemos ensaiando para o festival de mañá e tamén fixemos un oco para aprender algo sobre un señor que non coñecíamos..
Un tal Apalpador.
Escoitamos unha historia que fala del e miramos un conto ( ata onde nos deu tempo) relacionado coa súa historia.
Aprendemos que o APALPADOR
Por se non vos soa o seu nome, dicirvos ( segundo recolle a Wikipedia que) o apalpador ou pandigueiro é a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición do Nadal galego vive na zona oriental de Galicia ( sobre todo pola zona do Courel) e que baixa a noite do 25 de decembro, segundo uns , ou na do 31, segundo outros , a tocar a barrigola dos pequechos e pequechas para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, ás veces tamén algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Pois despois de aprender un pouquiño sobre este xigante, deixámosvos un video que fixeron os mestres e mestras do CEIP de Aguiño.
Que o desfrutedes.
|
|
|
|
Os renos... |
|
O outro día coa teacher Nuria estivemos preparando o Nadal tamén, e fixemos uns marabillosos corniños de Rudolph.
A profe Nuria escribiu un artigo e subiu as fotos ó blogue do noso cole, onde as podedes mirar.
.jpg)
ARTIGO DO BLOGUE DO COLE |
|
|
|
Onte fomos de excursión ó MARCO |
|
Onte voltamos da Ponte, e fomos de excursión, ó museo MARCO de arte contemporáneo de Vigo.
Portámonos moi moi moi moi ben e ademais estabamos moi motivados.
Entre as obras de Jorge Barbi houbo algunhas que nos chamaron moito a atención.
El tamén fixo un caligrama coma o que fixemos nós na clase e había un can cun aspecto peculiar.
E unha sala branca que daba sensación de frío.E miramos unhas fotos do transcorrer do tempo e dos cambios na natureza.
Despois de ver a exposición acompañados por un guía de excepción , subimos ó 2º andar para ser nós os creadores de arte. E levamos a nosa producción para a casa.
|
|
|
|
Imos ir ó MARCO |
|
O próximo mércores imos ir ó museo MARCO de Vigo.
Imos as clases de 4 e 5 anos, e os de 1 e 2º.
O MARCO presenta unha mostra dedicada á obra dun único artista,JORGE BARBI .
Este recoñecido artista de A Garda percorreu case diariamente a mesma paisaxe, unha liña de costa que vai dende a Garda a Cabo Silleiro, que coñece dende a súa infancia e coa que mantén unha estreita relación emocional.
A partir desta práctica sinxela e cotiá, Barbi extrae a maior parte do repertorio de imaxes, obxectos e ideas que conforman o seu pensamento artístico.
Traballamos un pouquiño sobre a súa obra e de como utiliza os elementos da natureza para as súas creacións.
Tamén levamos un pouco de traballo para a casa para que as nosas familias nos axuden un pouco.
E o venres antes de marchar estivemos creando no patio do colexio.
Organizámonos, distribuimos a tarefa e improvisamos un fermoso e grande SOL, xa que o de verdade non acompañaba. Acó vos queda a nosa creación
![]() |
|
|
|
Buscamos unha estrela... |
|
Estes días andamos un pouco apurados, preparando a canción para o festival de Nadal,
adornar un pouco a clase, traballar sobre os alimentos...
Acó vos queda a canción que imos cantar no festival de Nadal ( falta unha pequena modificación sorpresa).
|
|
|
|
Traballando sobre os alimentos. |
|
Mañá imos comezar a traballar o tema dos alimentos.
Hoxe fixemos unha pequena chuvia de ideas,
sobre os tipos de alimentos que coñecemos,
de onde veñen, se se cociñan...
Tamén pedimos a colaboración ás familias para que cada unha
nos achegue unha receita de algo que lle
guste a cada un dos nen@s da clase
para facer un pequeno libriño.
E ademais vimos dous videos moi cortiños para ir afondando no tema.
Acó vos queda un, uns spaghettis cuns ingredientes moi moi moi orixinais.
|
|
|
|