@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os alimentos
Xa sabemos moitas cousas doutros anos, este curso recordaremos algunhas coma a PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS e a importancia de ter uns hábitos saudables.

Onte tocounos falar na radio escolar, e fixémolo sobre este tema.
Para ambientar a nosa intervención utilizamos a canción da " Horta de Balbina" de Maria Fumaça.

Outra das cancións relacionadas cos alimentos que nos gusta moito é a de "Pan de millo" de Migallas.


Ademais xogamos cun LIM sobre o mercado ( do Calvario , en Vigo) que nos gustou moitísimo e co que aprendemos vocabulario e problemas con euros.

A próxima semana veremos algún vídeo relacionado co tema.
Seguiremos informando!!
Xogo Lim sobre os alimentos
Xogo LIM sobre o Mercado.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 18-11-2017 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Un avó especial.
Hoxe os nenos e nenas de 2º,3º e 4º fomos ó auditorio de Ponteareas, Reveriano Soutullo a ver a obra "Un avó especial"
A actividade foi organizada pola FANPO

O espectáculo gustounos moito moito, e ademais tratou unha temática coma a do ALZHEIMER dende unha perspectiva próxima, e moi entendible para o alumnado, ademais de facelo con moito agarimo.

Acó vos queda un pequeno resumo que o grupo Migallas colgou na súa páxina:

Libro : Un avó especial
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 09-11-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Valor Posicional.

O curso pasado traballamos cos números ata 1.000 é dicir: unidades, decenas e centenas.


Este curso imos traballar os números ata o millón, (1.000.000) é dicir: unidades, decenas, centenas, unidades de millar, decenas de millar e centenas de millar...


Xa sabemos que entre as centenas e as unidades de millar hai que colocar un "punto" para que nos resulte máis cómodo ler os números.


E agora imos comezar a traballar con máis profundidade o VALOR POSICIONAL dun número.

Acó vos queda este vídeo explicativo que vimos hoxe, interesante e explicativo de

MATECITOS
COMENTARIOS (0) - Categoría: Matemáticas - Publicado o 07-11-2017 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS