@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

HOXE IMOS Á RADIO DA COLE.
HOXE IMOS IR Á RADIO DO COLE , A FALAR DA CANCIÓN ? A LINGUA SABE A PAN? .

A LINQUA SABE A PAN CREOUSE NO C.P.I VIRXE DA SALETA DE CEA. E PRECISAMENTE EN CEA HAI UN PAN MOI FAMOSO CON DENOMINACION DE ORIXE PROTEXIDA.



A ?LINGUA SABE A PAN ? É UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN: MIÑA TERRA GALEGA, DO GRUPO GALEGO SINIESTRO TOTAL. QUE Á SÚA VEZ É UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN ?SWEET HOME ALABAMA?, DUN GRUPO ESTADOUNIDENSE.



Acó vos queda a canción que tanto nos gusta, un lipdab ben xeitoso...



Escrito por Vania e Vicky e un pouquiño por Rubén
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-11-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional da Infancia.






Dende a Onu
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2012 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
O esquelete...
Estes días na área de coñecemento estamos aprendendo partes do corpo, falando un pouco dos músculos, do esquelete, da estructura do noso corpo, das articulacions, movemento,...enerxía.. e tamén temos que aprender algún que outro nome..

Acó vos queda unha pequena imaxe do esquelete, en castelán

E coma o ano pasado cando falamos do esquelete, vimos un vídeo que nos gustou moito, iste ano queremos voltar a bailar co esquelete...
Outra imaxe dun esquelete, máis completa
Cadro resumo das funcións dos músculos.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 16-11-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
La leyenda del espantapájaros.
Queríamos mirar iste vídeo no noso proxector na semana do Samaín, pero por circunstancias alleas a nós ... non puidemos, asique mirámolo hoxe na pantalla do computador.

É unha historia un pouco tétrica pero que contén uns valores moi importantes...
Agardamos que vos guste.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 08-11-2012 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín.

Istes días ademais de traballar os contidos do currículo, estivemos traballando sobre o Samaín, sobre a súa orixe, e sobre o Halloween coa profe Nuria, e quedounos claro que ningunha das festas é contraria á outra, senon que son distintas evolucións da mesma orixe.

Trouxemos algunhas cabaciñas ben xeitosas, acó vos quedan algunhas fotos para que as poidades ver.

E o mércores pintamos na cara cousas terroríficas e comemos cousas espeluznantes...

E a continuacióntamén vos queda acó unha ó blogue do cole por se queredes ver as fotos da exposición que se fixo coas cabazas que trouxo o alumnado: ligazón
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 02-11-2012 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
O martes deixáronnos unha carta !!!!


O martes a última hora, estabamos escoitando un conto de medo, e por arte de maxia apareceu debaixo da nosa porta... unha misteriosa carta !!!!...


O remitente era Olirei, o símbolo da nosa biblioteca do cole, na carta explicounos que o préstamo de libros da biblioteca comeza para a semana e que alguén lle dixera que estabamos a traballar o Samaín e o Halloween e que para que a "espera" non fose tan longa nos deixara un libriño de agasallo na biblioteca, e alá fomos buscalo.

Canto nos gustou o libro e as súas trece historias!!! Moitas grazas Olirei!!!!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 01-11-2012 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0