Esta semana estamos traballando sobre o magosto, pintamos a castaña e o ourizo, desfixemos unha adiviña... fixemos unha castaña rechula , un encrucillado e moitas cousas máis.
Acó vos queda unha presentación sobre o magosto publicado por Yolanda Castro : O MAGOSTO
E tamén un link a un LIM de actividades que fixeron na EEI TARRÍO-SAMIEIRA sobre o OUTONO
Son os días da froita. Aínda que haxa quen traia froita todos os días, o cal está moi ben específicamente os martes e os xoves serán días para traer todos e todas froita.
Hoxe como primeiro día da froita, vimos un par de videos relacionados co tema:
E ademais na libreta de coñecemento debuxamos e puxemos o nome da nosa
froita favorita.
O outro día miramos un video na clase de 2º dun mural feito por Haring, nun ximnasio e estivemos observando os distintos deportes e actividades artísticas que facían os bonecos.
Hoxe imos mirar un anaquiño dun documental onde nos explican que ese edificio foi derruído, e que para conservar esa obra de arte, levaron a parede que o ocupaba:
E por último deixámosvos esta representación dunha obra de Haring, que nós tamén pintamos.. aínda que nós non vemos tan claro que teña que ser un home e unha muller, tamén podían ser dous amigos/as, ou dúas persoas que se queren moito e comparten o seu amor.
No CPI VIRXE DA SALETA, na localidade ourensá de CEA ( famosa polo seu exquisito pan) fixeron este LIPDUB tan xeitoso .
Sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Estes días estamos coñecendo un pouco
a obra e ó artista, e imitamos ás súas creacións, fixemos pequenos grupos para imitar a composición do cadro, adoptando as posturas dos seus deseños...
Despois cada un imitou a unha das figuras das súas composición, e os demais tiveron que adiviñar a cor da figura que estaban imitando.
Pasámolo moi moi moi ben e parámonos a pensar sobre os nosos movementos: quietos, en movemento, saltando, erguéndonos, estirándonos...