Despois de traballar as partes do corpo e coñecer como se din en galego, esta semana imos a traballar un pouco os sentidos.
Comezamos onte mirando este vídeo que se titula : "A espía que xurdiu do fillo" na que un neno sospeita que o seu pai é un axente supersecreto...
Despois de ver o vídeo tentamos entender que podía ser iso que o papá levaba detrás dunha orella, e falamos un pouco do tema.
Hoxe voltamos ver o vídeo e tiramos un montón de conclusións.
Levamos un par de semanas "pocoyoizándonos" , cada día o axudante
era "pocoyoizad@".
Nós eleximos a cara, o pelo, as cellas, os rasgos faciais sempre buscando os máis parecidos á realidade...
E logo cada un elexiu a roupa que quería ...
E acó estamos todos e todas.
Aínda nos quedan algunhas profes ás que "pocoyoizar".
Hoxe os nenos e nenas da clase de TRES ANOS fixéronnos unha visita.
Viñeron en dúas quendas, para ver as nosas creacións de Haring, explicámoslle un pouco quen era e ademais puxémoslles dous pequenos vídeos e unhas poucas das súas creacións. E xogamos con Elmo !!!
E tamén lles agasallamos cunha copia dunha obra de Haring para que el@s fagan a súa propia versión.
Pasámolo moi ben, moitas grazas ós nenos e nenas de 3 anos por vir.
Acó vos queda unha pequena representación sobre unhas arañas...
Porque sabemos que as arañas comen insectos, ou pequenos animais que caen nas súas redes, pero ... quen come ás arañas??
Algo que nos chama a atención das arañas é a súa tea. Como a fan... por onde a botan... os seus usos..
La araña Maricarmen
La araña Maricarmen,
¡una araña muy lista!,
teje una tela rosa
para cazar moscas.
Vive en la pared,
en un agujero a resguardo del viento
que es traicionero.
No tiene amigas, no tiene tiempo,
pasa todo el rato tejiendo y tejiendo.
La mosca zumbona, algo despistada,
piensa que es chicle y la tela atrapa.
Sufre un sobresalto cuando se da cuenta
que es ella, por tonta, la que es atrapada.
Hoxe investigamos un pouquiño sobre as arañas, e descubrimos que NON son insectos, e que algunhas son velenosas, tamén miramos como son por dentro, e despois vimos este LIM que fixeron na EEI TARRÍO SAMIEIRA sobre o conto a A ARAÑA E MAIS EU no que ademais de observar o que facía a araña... tamén aprendemos algunhas partes do corpo en galego e despois xogamos un pouco.
Estes días estamos pintando unha araña chulísima, e ata ten un fío como as teas de araña.
Sabemos que as arañas teñen 8 patas... pero que máis cousas queremos saber sobre as ARAÑAS ?