|
|
|
Liñas poligonais |
|

Estes días estamos traballando sobre as lineas poligonais, tanto abertas como pechadas, liñas rectas, puntos.. É un tema un pouco complexo de entender , polo que imos precisar a axuda dun excelente pintor chamado KANDINSKY que pintou moitas moitísimas liñas de todos os tipos en todas as cores..
|
|
|
|
MP e MB |
|
 Estes días estamos traballando un pouco máis as grafías MP e MB , déixovos un programiña/xogo feito con LIM que argallaron dende o Ceip Frian-Teis.
Acó vos queda a dirección (linkade en MP MB) para ir á aplicación
MP MB |
|
|
|
Plantando e transplantando |
|
Recordades a SORPRESA que recibimos hai pouco..
Pois o pasado venres, o día que celebramos o magosto tamén estivemos traballando coa natureza...
os nenos e nenas de Infantil de 5 anos, 1º e 2º fixeron de xardineiros plantando e transplantando as sementiñas e as pequenas árbores que nos enviaron dende NICKOLÓGICO para así poder traballar sobre a importancia das plantas, e do coidado do Medio Ambiente.
Pasámolo moi ben, poñendo a terra, o sustrato, as sementes, as árbores ( con sorpresa de vermiño incluída) e regando.. acó vos queda unha pequena presentacion para que vexades os bos xardineiros/as que somos.
Tamén o podedes mirar dende o blogue do
COLEXIO |
|
|
|
O noso magosto |
|
Non era sen tempo, que no cole fixemos tamen o noso magosto, a nosa castañada..
Traballamos un pouquiño sobre o tema na clase e fixemos uns mini bolsiños de cartolina para meter as nosas castañas asadas.
Pasámolo moi ben.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.
E acó vos queda o slide que fixeron para o blogue do centro:
|
|
|
|
O MURAL COAS MEIGAS |
|
A semana pasada rematamos co mural, e puxemos todos os magos e meigas que trouxeron os nenos e nenas,e as das profes que tamén fixemos a nosa, cunha foto de cando eramos pequenos.
Acó vos queda unha pequena presentación co mural tan chulo sobre o SAMAÍN.
|
|
|
|
SORPRESA !! |
|

Hoxe na hora do recreo chegaron uns misteriosos paquetes sorpresa ó noso cole.
Eran para as clases de 5 anos, 1º e 2º...
Dous kits para cada aula!! para poder sementar e tamén transplantar unha pequena árbore, e unha unidade didáctica, e un calendario escolar..Bob Esponxa e Dora Exploradora, os pingüíns de Madagascar eran os protagonistas.
Se queredes máis información acó vos queda un link ó blogue do noso COLEXIO
|
|
|
|
|
|
|