@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As Matrioskas
A semana pasada localizamos Rusia no Mapamundi e vimos que está en Europa, e que a súa capital é Moscova. É un país moi moi moi grande.
E en Moscova é onde naceu o pintor que estamos traballando estes días, Kandinsky.

Hoxe estivemos mirando unha Matrioska que trouxo a profe ó cole, xa que é un producto de artesanía típico de Rusia.
As Matrioskas son bonequiñas ocas, e dentro da máis grande, hai outra, e outra e outra e outra, cada vez máis pequenas, o normal é que sexan conxuntos de 5, aínda que ás veces poden chegar a ser ata 20.

Estas bonecas están feitas de madeira, e pintadas a man con moitísima variedade de cores. Representando vestimentas tradicionais deste país.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 29-11-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
O Nadal xa está á volta.
Asique comezamos a preparar a nosa actuación para o festival de Nadal.
Será moi difícil superar o hit que cantamos o áno pasado coa cantiga de BUSCANDO UNHA ESTRELA , pero tentaremos facelo o mellor posible, coa canción deste ano, que se titula "Metido nun ovo".

As dúas cancións (a do ano pasado e esta) pertencen ó disco do O QUIQUIRIQUI ( cantos para o nadal)
Hoxe levamos a letra para a casa para que nos axudedes a aprendela.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-11-2010 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos con Kandinsky
HOXE EMPEZAMOS A FALAR DE KANDINSKY. KANDINSKY NACEU EN MOSCOVA EN DECEMBRO DE 1.866 .
ERA O PAI DA ARTE ABSTRACTA TODOS DECIAN QUE ERA UN GRAN PINTOR.
VIVIU TAMÉN EN ALEMAÑA E EN FRANCIA.
(Escrito por Hugo e por Óscar)


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 24-11-2010 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Músicas do Mundo
O pasado venres celebramos o Día Internacional da Infancia e estivemos mirando que existen distintas culturas. Especialmente falamos un pouco de distintos países ou lugares do mundo moi distintos ó noso, no que os nenos e nenas quizais non teñen tantos privilexios coma nós.
Esta semana cada día estamos escoitando a música típica dese lugar.
Onte tocou escoitar melodías da India, e estivemos escoitando música Punjabi/panjabi e bailoteando, ademais miramos algún video para ver o ben que bailan.
Acó vos quedan dous.





E hoxe tocaron as músicas africanas...
O xoves música mexicana, escoitamos moitas rancheras.
E o venres música oriental.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 24-11-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
O corpo humano
Estes días estamos traballando as distintas partes do noso CORPO e o nome que teñen en galego, palabras como coxa, ou meixela, xeonllo ou nocello..
Falamos un pouco das articulacións.. de que o noso corpo ten ósos e músculos...e dos sentidos..
Xogamos cun pequeno extraterrestre.
Acó vos queda un link por se queredes seguir xogando na casa.
Xogo do extraterrestre

E tamen miramos este video tan marchoso!!
(e nós tamén movemos o esquelete ó ritmo da canción..)

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 23-11-2010 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa lista de cancións...

A profe ten un programiña instalado no computador da clase que se chama SPOTIFY,
é como unha radio na internet ( con publicidade e todo!).
Imos facer a nosa propia lista de reprodución coas 3 cancións que máis nos gustan
a cada un de nós.
Coa axuda das familias, temos que decidir cales son as 3 cancións que máis nos gustan.
Unha vez feita a selección escoitaremos esa lista de cancións no momento da merenda,
ou para cando temos un intre para xogar.....
Cando teñamos a lista completa publicarémola acó para compartila con vós.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 22-11-2010 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
20 de novembro
O día 20 de Novembro de 1989 foi aprobada pola Asemblea da Nacións Unidas, a Declaración sobre os Dereitos do Nen@, desde entón nesta data celébrase o Día Universal da Infancia.
Con esta declaración recoñécese por primeira vez a cidadanía dos nenos e nenas.

Os Dereitos do Neno/a veñen enumerados na seguinte Declaración:

Dereito á igualdade

Dereito á Protección.

Dereito á Identidade e á Nacionalidade.

Dereito a ter unha casa, alimentos e atención.

Dereito á educación e á atención ao diminuído.

Dereito ao amor dos pais/nais/familia e da sociedade.

Dereito á educación de balde e a xogar.

Dereito a recibir axuda.

Dereito a ser protexido/a contra o abandono e a explotación

Dereito a medrar en solidariedade, comprensión e xustiza entre os pobos..

Mañá día 19 de novembro imos celebrar no colexio este aniversario co visionado de algúns videos.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 18-11-2010 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos mirando a obra de Kandinsky
Seguimos observando a obra deste pintor espectacular que foi Kandinsky, hoxe miramos estes videos tan interesantes:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 16-11-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0