|
|
|
Hoxe miramos un video. |
|
Fomos á clase dos nenos e nenas
de 2º para ver un video da web de
FLOCOS.TV
Titulada PALÍNDROMO.
Sabedes o que é un palíndromo?
Nós tampouco o tiñamos moi claro asique
o investigamos un pouco, e os nenos e nenas
de 2º tamén o investigaron e nolo explicaron
un pouco mellor.
Se non o sabedes, deberíades mirar esta curta
tan divertida.
|
|
|
|
ONTE FOMOS DE EXCURSIÓN |
|
Onte fomos de excursión cos nenos e nenas de 3 , de 4 e de 5 anos.
Fomos ata Nigrán, e fomos xogar , xogamos moito moito moito ,
xogamos coas bolas, tirámonos, arrastrámonos, choutamos, brincamos....
Houbo máis de un que á volta viña durmindo no autobús...
Dende o blogue do noso cole SANTIAGO DE OLIVEIRA fixeron unha
presentación con algunhas das fotos, que acó vos quedan.

|
|
|
|
XX aniversario da convención sobre os Dereitos da Infancia |
|
O venres conmemorouse o XX aniversario da convención sobre os dereitos da Infancia.
Traballamos un pouquiño sobre os dereitos que teñen os nenos e nenas.
E o privilexiados que somos porque nos queren, nos miman, nos dan cariño, podemos xogar, ir ó médico, divertirnos, estudar, aprender, que nos escoiten, que nos digan a verdade...
E sabemos tamén que hai nenos e nenas no mundo que non son tan afortunados
coma nós.
Fixemos un debuxo e miramos este video tan chulo
cos nenos e nenas da clase de 2ª.
|
|
|
|
A flor máis grande do mundo. |
|
Hoxe vimos o video de "A flor máis grande do mundo". Mirámolo en FLOCOS.TV
Vimos o video cos nenos e nenas da clase de 2º.
Esta curta de animación é unha adaptación do único conto para nenos que escribiu José Saramago.
O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.
|
|
|
|
Mmmm |
|
 Hai por aí unha personaxe do cole chamada Oli-Rei que anda argallando algo...
Sabedes de que se trata?
 |
|
|
|
Magostooo |
|

O venres non puidemos facer o magosto porque choveu.
E onte tamén choveu, e hoxe vimos unha raiola de sol, e alá foi o noso magosto.
O tempo acompañou, pasámolo ben, comemos castañas
( ós que lles gustaban) pintámonos,
corremos, saltamos e xogamos moito !!
E ademais fixemos o noso primeiro programa de radio. E como non podía ser doutro modo:
falamos do magosto, da castaña e do castiñeiro.
E saiunos moi moi ben.
|
|
|
|
Hoxe fixéronnos un agasallo. |
|

Hoxe viñeron os nenos e nenas da clase de 2º e a súa profe a traernos un agasallo.
Deixáronnos unha adiviña moi longa, de cada unha das adiviñas quitaremos unha letra e xuntando todas atoparemos a palabra segreda da adiviña!!!
Moitas grazas por este agasallo tan chulo.
Asique pegámolo na pizarra para que se vexa ben e comezamos a pensar sobre a primeira das adiviñas.
E a ver que nos sae!!
|
|
|
|
Preparando o magosto.. |
|
 Estes días estamos adornando un pouco a clase con CASTAÑAS sorrintes, contentas, alegres...
E ademais fixemos a nosa parte ( xunto cos nenos e nenas de 2º) do mural colectivo sobre o magosto, acó vos queda unha foto da nosa obra de arte...
E por se iso fora pouco,o venres tócanos participar na radio do cole e imos a falar sobre o magosto..
E aprendemos unha pequena poesía tamén sobre o
magosto e o outono:
Outono dourado
folliñas no chan,
castañas asadas...
que boas están !!!!
Se non chove, o venres, toca magosto !!! |
|
|
|
|
|
|